"Cres" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 80.

  • Aplicado á estrutura vexetal que continúa medrando unha vez formada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de València (4.185 h [1996]). Drenado polo río dos Sants. Laranxeiras, figueiras, millo, trigo, cacahuetes, patacas, algodón, oliveiras e alfarrobeiras. Industria téxtil, papeleira, materiais de construción e conservas de froitas. Antigo casarío de orixe islámica. Pazo señorial e igrexa do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dereito real que se constitúe sobre un ben inmoble do debedor en garantía dunha obriga e que autoriza ao prestamista desta a recibir os froitos do ben inmoble afectado, coa fin de aplicalos ao pagamento dos xuros e, despois á amortización do capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid e en Ciencias Empresariais e Administración de Empresas polo ICADE, e graduado pola Escola de Comercio de París (ESSEC). É membro do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Foi profesor de Economía Agraria no Instituto Nacional de Estudios Agrarios en Valladolid e de Estrutura Económica na Universidad de Madrid (1966-1970). Durante os últimos anos do franquismo foi avogado defensor en xuízos políticos perante o Tribunal de Orden Público e de traballadores no Tribunal Nacional del Trabajo. Foi deputado do Parlamento español polo PSOE (1977-1986) e ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións (1982-1985). Dende 1986 é membro do Parlamento Europeo. Foi presidente do Movemento Europeo Internacional (1987) e presidente do Parlamento Europeo (1989-1992). Na lexislatura 1994-1999 foi presidente do Comité de Asuntos Exteriores e Seguridade, e en 1999-2004, membro da Comisión de Asuntos Constitucionais. Publicou numerosos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Utilizou o pseudónimo de José María Blanco White. Foi cóengo en Cádiz e Sevilla e redactor de Semanario patriótico. Durante a invasión francesa fuxiu a Gran Bretaña e converteuse ao Protestantismo, fundou a revista El Español (1810-1814) e colaborou na prensa inglesa. A súa obra poética evolucionou dende o Neoclasicismo da escola sevillana (Corila, 1796), ata o Romanticismo dos últimos anos (Una tormenta nocturna en alta mar, 1829). En inglés escribiu, entre outras, Letters from Spain (Cartas dende España, 1822) e o famoso soneto “Mysterious Night” (Noite misteriosa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura literaria pola que un nome que designa un obxecto se utiliza para designar outro que presenta certa analoxía co primeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crecemento en común de dous ou máis órganos, que permanecen soldados entre eles e forman unha masa única.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos órganos que presentan concrescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor ecuatoriano. Elixido presidente da República en 1892, foi derrocado polo xeneral Alfaro tres anos despois. Colaborou na fundación de varios xornais, da Universidad de Guayaquil e da Universidad de Cuenca, da que foi rector. Publicou Recuerdos patrióticos (1883). Foi membro correspondente da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Mar Adriático, Croacia, situada ao SL da península de Istria (336 km2). A agricultura e a gandería ovina son a base da súa economía. O principal núcleo de poboación é Cres. Foi un dominio romano e bizantino, e dende a Idade Media estivo gobernada polo reino de Croacia, Venecia e Hungría. Dende o s XIX exerceron o seu dominio Francia, Austria, Italia e a antiga Iugoslavia. Do seu patrimonio cultural destacan as ruínas romanas e unha torre do reloxo renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe epónimo dos cretenses, fillo de Zeus e dunha ninfa do Ida de Creta. Reinou sobre a primeira poboación insular, os eteocretenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Pertencente á escola cínica, consideraba ateos os cristiáns e perseguiunos e atacounos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación que prescribe o aumento gradual da intensidade dos sons na interpretación dunha composición musical. A partir do s XVIII indícase co signo <. A indicación contraria é decrescendo ou diminuendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Castrato italiano. Chamado L’Orfeo italiano, foi un dos últimos castrati. Realizou actuacións en toda Europa e destacou na interpretación da ópera de Zingarelli Giulietta e Romeo (Xulieta e Romeo, 1796).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixo de leite de vaca, mol e manteigoso, do mesmo tipo que o gorgonzola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto. Foi superintendente das actividades artísticas durante o pontificado de Paulo V. Trasladouse a Madrid en 1617 e encargouse da decoración do panteón dos reis de El Escorial (1654), realizada por broncistas italianos. No eido da pintura realizou bodegóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo italiano. Foi mestre de Filoloxía Románica na Universidade de Padua dende 1833 a 1927. Especialista en Boccaccio, publicou Contributo agli studi sul Boccaccio (Contribución ao estudo sobre Boccaccio, 1887) e Il cantare di Fiorio e Biancifiore (O cantar de Fiorio e Biancifiore, 1889-1899); e na literatura provenzal, Manuale per l’avviamento agli studi provenzali (Manual para a investigación dos estudios provenzais, 1926). Publicou o suplemento italiano do Lexicon mediae atque infimae latinitatis de Du Cange.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo compostelán. Segundo algunhas fontes foi discípulo de san Rosendo e prior do convento de Celanova con anterioridade ao seu traslado a Santiago de Compostela, onde probablemente foi membro do clero catedralicio, antes de se converter en bispo ao redor do ano 1037. Durante o seu bispado buscou a educación do clero e a disciplina eclesiástica, fortificou as Torres do Oeste en Catoira, edificou unha nova muralla en Santiago de Compostela e dúas torres fronte á catedral para protexela dos continuos ataques normandos. Realizou ademais importantes obras nas catedrais de Braga e Iria Flavia. Asistiu no 1050 ao Concilio de Coyanza e no 1065 a un concilio en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heraclida, fillo de Aristómaco. Casou con Mérope, filla de Cípselo. Cos seus irmáns, Témeno e Aristodemo, conquistou a península do Peloponeso, á cabeza dos dorios. Na repartición do territorio, amañada polo propio Cresfontes, tocoulle Mesenia, a parte máis rica. Morreu asasinado polo seu pobo, descontento co seu goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor grego. Formou parte da corrente ática posterior a Fidias. As súas obras coñécense por copias romanas. Para o Artemisión de Éfeso realizou Amazona ferida. Foi autor dunha estatua en bronce de Pericles, da que se coñece a cabeza polas copias feitas en mármore por escultores romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO