"Cualedro" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Cualedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Verín, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Laza, ao L co de Monterrei (comarca de Verín), ao O cos de Baltar, Xinzo de Limia, Trasmiras e Sarreaus (A Limia) e ao S con Portugal. Abrangue unha superficie de 117 km 2 , cunha poboación de 2.148 h (2007), distribuídos nas parroquias de Atás, Baldriz, Carzoá, Cualedro, Lucenza, Montes, Rebordondo, San Millao, Vilela e A Xironda. A capital é a vila de Cualedro, na parroquia homónima, situada a 41° 59’ de latitude N e 7° 35’ de lonxitude O, 155 km ao SL de Santiago de Compostela e 50 km ao SL de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Verín e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    A maior parte do concello de Cualedro está baixo o dominio climático oceánico de montaña; tan só as zonas máis baixas están dentro do dominio oceánico continental. A causa desta convivencia de matices climáticos diferentes está na mesma...

    VER O DETALLE DO TERMO