"Cuauhtémoc" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Político, fillo do ex-presidente Lázaro Cárdenas. Graduado na Escola Nacional de Enxeñería en 1957, iniciou a súa carreira política no Partido Revolucionario Institucional (PRI), do que se separou en 1987 para presentarse ás eleccións presidenciais de 1988 pola Frente Democrático Nacional (FDN), coalición de centro-esquerda. En 1994 reorganizou o que pasou a denominarse Partido de la Revolución Democrática (PRD), co que se presentou ás eleccións, e nas que foi superado novamente pola candidatura do PRI. En xullo de 1997 presentouse a alcalde do departamento do Distrito Federal, cargo que obtivo e co que se convertería no primeiro político dun partido distinto ao PRI que conseguía un posto tan relevante desde 1929.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro rei azteca (1521-1524). Sobriño de Moctezuma II, foi entronizado en plena derrota do Imperio Azteca. Obtivo unha sanguenta vitoria na Noite Triste pero, conquistada Tenochtitlán (1521), foi detido polos casteláns e sometido a tortura para que revelase onde estaba o tesouro da coroa. Morreu executado.
VER O DETALLE DO TERMO