"Cudeiro" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ourense. De estilo románico, construíuse no s XII. Consta dunha nave e dunha ábsida rectangular. O arco triunfal é apuntado. No interior destaca o coro realizado polos mestres Alonso Martínez e Cornelio Guillermo. Na fachada principal sobresae a portada formada por arquivoltas semicirculares que descansa en columnas acobadeladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fabricante de escudos.

    2. Mozo portador do escudo e das armas do seu señor mentres non se utilizaban.

    3. Mozo nobre que na Idade Media estaba ao servicio dun cabaleiro como aprendiz antes de ser armado cabaleiro.

    4. Último grao dentro da sociedade nobiliaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ramirás baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro portugués. Pertenceu á liñaxe de Maia. Nas rúbricas atributivas do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, aparece co título de “escudeyro”. Figura en Livros de Linhagens como “Johan Estevez de Gaia”, fillo de Estevan Anes e de Tareyia Migees, neto de Johan Anes. Aparece documentado nunha doazón (1287) e nunha herdanza (1319). Activo no último cuarto do s XIII e primeira metade do XIV (1287-1319?) na corte do conde de Barcelos, relacionouse con trobadores como Estevan da Guarda e Johan Fernandez d’Ardeleiro. A xulgar polas referencias históricas contidas nas súas cantigas, debeu estar en Lisboa desde finais do s XIII. Consérvanse 7 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 4 cantigas de amor e 3 escarnios persoais, que se caracterizan pola súa variedade de formas métricas, estróficas e rítmicas, e polo emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO