"Cuicul" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría, multiplicación e cultivo de especies acuáticas, animais e vexetais, con finalidade comercial, alimentaria, medicinal, doméstica ou de recreo. Para optimizar a produción, exércese un control sobre a especie mesma e tamén sobre o medio. A acuicultura, ademais de ter unha importancia comercial crecente, permite o estudo dos ecosistemas das diferentes especies e, ás veces, constitúe unha axuda para o repoboamento dos medios naturais. Segundo os organismos que son obxecto de cultivo, pódese distinguir entre piscicultura (peixes), mitilicultura (moluscos), astacicultura (crustáceos) e ostreicultura (ostras). Os alicerces da acuicultura datan do s XIX, cando científicos como Mariano de la Paza Graells tentaron fomentar, co apoio gobernamental, o desenvolvemento desta industria entre as actividades vencelladas á pesca marítima. Fundamentábanse na opinión de que o cultivo das especies mariñas dotaría dunha base científica ao cultivo do mar e lle imporía unha nova característica de domesticación...
-
CIDADES
Cidade romana do N de África, correspondente á actual Kjamila (Alxeria). Foi fundada no s I d C, probablemente polo Emperador Traxano, como gornición romana para controlar e explotar as comarcas agrícolas circundantes. Durante o s III a cidade contou cunha poboación duns 20.000 h pero foi abandonada no s V. É un dos exemplos mellor coñecidos de cidade romana norteafricana. Entre os edificios conservados destacan o teatro, dous foros (s II) e dúas basílicas cristiás (ss IV-V). Escavárona os franceses entre 1920 e 1955.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[IGAFA] Centro de formación situado na punta Niño do Corvo da Illa de Arousa, no centro da zona con maior número de establecementos de cultivos mariños de Galicia. Naceu co obxectivo de impartir cursos para a obtención dos certificados de mariscador, acuicultor e especialista en cultivos mariños. Actualmente imparte a formación profesional en acuicultura. Conta con instalacións específicas de criadeiro, cetárea, laboratorios, un parque flotante (que dispón dunha batea para cultivo de moluscos e de gaiolas para cultivo de peixes), un taller de ensino náutico-pesqueiro, unha aula de aplicacións informáticas e un parque intermareal instalado nunha praia cedida pola Confraría de Pescadores de Arousa.