"Culleredo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Estevo que dá nome ao concello de Culleredo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia da Coruña, situado no Golfo Ártabro, ao N da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos da Coruña e Oleiros (A Coruña), ao L cos de Cambre e Carral (A Coruña), ao S cos de Cerceda (comarca de Ordes) e A Laracha (Bergantiños) e ao O co de Arteixo (A Coruña). Abrangue unha superficie de 62,3 km 2 cunha poboación de 26.707 h (2007), distribuídos nas parroquias de Almeiras, O Burgo, Castelo, Celas, Culleredo, Ledoño, Orro, Rutis, Sésamo, Sueiro e Veiga. A capital municipal é o lugar de Tarrío, na parroquia de Culleredo, situado a 43° 17’ de latitude N e 8° 22’ de lonxitude O, 55 km ao N de Santiago de Compostela e 11 km ao S da Coruña. Está adscrito ao partido xudicial e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O concello de Culleredo está baixo o dominio climático oceánico húmido. Por mor da súa localización no Golfo Ártabro e pola influencia suavizadora mariña, a temperatura media anual supera os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no lugar de Tarrío, en Culleredo, polo que recibiu tamén o nome de Santo Estevo de Tarrío. Conserva a fábrica medieval gótica pero con certa tradición románica. Segundo unha inscrición do tímpano da porta de acceso, contruíuse no s XII. Ten planta rectangular dunha soa nave con cuberta de madeira e unha ábsida rectangular que se cobre cunha bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón. Tanto o arco faixón coma o triunfal descansan en columnas entregadas con bases áticas e capiteis robustos de decoración estilizada. No interior da nave e da ábsida consérvanse restos de pinturas murais do s XVI que representan o martirio de santo Estevo e escenas do ciclo da Paixón. No exterior destaca a portada occidental cunha porta abucinada rematada en dúas arquivoltas de medio punto que descansan en columnas acobadadas. As bases presentan un perfil de características áticas e adórnanse con flores de lis. Os capiteis teñen proporcións e decoración góticas, con monstros...

    VER O DETALLE DO TERMO