Río afluente do Anllóns pola esquerda. Nace no lugar da Devesa, na parroquia de Riobó (concello de Cabana de Bergantiños), da confluencia de varios regos (o de San Loto, o da Balsa, o dos Carballás, o da Barcia e o da Riba da Cancela). O seu curso adopta unha dirección SL-NO coa que drena as parroquias de Cundíns e O Esto, onde desemboca logo dun percorrido duns 6 km.