"Curaçao" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • ILLAS

    Illa das Antillas Neerlandesas (baixo a soberanía dos Países Baixos), no grupo das illas de Sotavento, no mar das Antillas (444 km2; 152.700 h [estim 1996]). A capital é Willemstad. Situada fronte á costa venezolana, o seu relevo é chairo e goza dun clima tropical seco. A poboación, na que o elemento étnico maioritario é de orixe africana (90%), dedícase á agricultura e á industria petroquímica. Tamén, pola súa situación caribeña, constitúe un importante centro turístico, frecuentado especialmente por cidadáns da súa metrópole colonial. A illa foi descuberta por Alonso de Ojeda (1499) e colonizada polos españois. En 1634 pasou a depender dos holandeses e, trala ocupación británica de 1798, os holandeses recuperárona en 1814.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Licor elaborado a base da pel dunha variedade de laranxa amarga, moi abundante na illa de Curaçao, augardente e azucre. Preséntase en distintas cores sen que isto lle afecte ao gusto, doce e aromático. Os holandeses comezaron a súa elaboración a principios do s XVIII. Emprégase moito na preparación de cócteles.

    2. Ave de ata 90 cm de lonxitude, de plumaxe basicamente negra, cabeza pesada cunha pequena crista, cola ancha co extremo arredondado, patas fortes e peteiro alto e curto, co extremo curvado e os lados aplanados. Aliméntase de froitos caídos, xemas, follas, sementes e, ocasionalmente, de insectos. Propio da conca do Amazonas, desprázase polas pólas das árbores, nas que constrúe con follas un niño en forma de prato, e polo chan das selvas.

    VER O DETALLE DO TERMO