"Curlandia" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • REXIÓNS

    Rexión occidental de Letonia, situada na beira oriental do Mar Báltico (25.000 km2). Caracterízase por un relevo chairo con costas baixas. O clima é frío e húmido. Os bosques cobren unha gran parte do territorio. Os principais recursos son a agricultura, a gandería e a pesca. Primitivamente habitárona os livonios e os curos, que lle deron nome á rexión. Entre os ss VIII e XII sufriu as invasións dos suecos e dos daneses. En 1237 conquistárona os cabaleiros da orde teutónica, que a dominaron ata 1561, ano no que se converteu en ducado vasalo de Polonia. Na primeira repartición de Polonia (1795), o ducado foi anexionado a Rusia. En 1921 pasou a formar parte da República de Letonia, de xeito que seguiu as vicisitudes desta, coa anexión á Unión Soviética en 1940 e a independencia en 1991. A principal cidade da rexión é Ventspils (41.646 h [1997]), capital do distrito homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio constituído en 1561 como ducado vasalo de Polonia e hereditario da familia Ketteler. O primeiro duque foi Gotard I Ketteler ou Gotardo I de Curlandia (morto en 1587), duque de Semigalia e derradeiro gran mestre da orde teutónica en Livonia. En 1737, a viúva do duque, que logo sería a Tsarina Anna I Ivanovna, deulle o ducado ao seu favorito Ernesto Xoán I de Curlandia, conde e príncipe de Biron (morto en 1772). O fillo deste, o duque Pedro I, vendeulle o ducado a Rusia en 1795.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO