"DC" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo australiano de rock duro formado en 1974 ao redor dos irmáns Young. Integrado por Brian Johnson (voz, que substituíu a Bon Scott, morto en 1980), Malcom Young (guitarra), Angus Young (guitarra), Phil Rudd (batería), e Cliff Williams (baixo, que en 1977 substituíu a Mark Evans). Entre os seus discos destacan: Let there be rock (1977), Highway to hell (1979) e Black in black (1980).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo editorial, de radio e televisión norteamericana. Fundada no ano 1943, é unha das canles privadas máis importantes dos EE UU. En 1985 foi adquirida por Capital Cities e en xullo de 1995 adquiriuna a compañía Disney. A súa central está na cidade de Nova York.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo oficial da radiodifusión e televisión do Reino Unido, creado no 1927 para suceder a British Broadcasting Company (1922). Detenta o monopolio da radiodifusión e, ata o 1954, o da televisión. As súas emisións cubriron todo o mundo. Tivo un papel notable durante a Segunda Guerra Mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convergència Democràtica de Catalunya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sigla da expresión inglesa direct current, empregada para designar a corrente continua.
-
PERSOEIRO
Autor dramático. A súa obra é de corte vangardista e experimental, centrada na análise da linguaxe como instrumento de comunicación e dominación e no tratamento de temas como a soidade, a incomunicación ou a angustia vital. Entre as súas pezas podemos destacar Profecía (1966), Gaspar (1968), Os insensatos (1973), O xogo das preguntas (1900) ou Xustiza para Serbia (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Demócrata Cristiano.
-
PERSOEIRO
Novelista. Dotada dunha grande habilidade para construír escenas de terror e suspense cunha aura de sensibilidade romántica, presenta todas as características da novela gótica. Das súas obras destacan A Sicilian Romance (1790), The Mysteries of Udolpho (1794) e The Italian (1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Considerado o fundador da antropoloxía social británica, estableceu un concepto de función con sentido sociolóxico a diferenza do funcionalismo biolóxico de B. Malinowski. Estudou o totemismo e as relacións de parentesco nas sociedades primitivas, converténdose nun dos precursores do estruturalismo. A súa influencia foi notable como portavoz do rigorismo de É. Durkheim. Escribiu The Andaman Islanders (1922), The Social Organization of Australian Tribes (1930) e Struture and Function in Primitive Society (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (245 km2; 139.132 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e fotógrafo ruso. Participou no movemento non obxectivo dos construtivistas con K. Malevič e V. Tatlin. Creou unha serie de construcións para organizar ritmicamente o espazo a base de formas dinámicas. En 1921 incorporouse ao produtivismo (1921), onde experimentou coa fotografía subxectiva, os escorzos e as fotomontaxes (1923). Abandonou a fotografía en 1942.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade para o Desenvolvemento de África do Sur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unió Democràtica de Catalunya.