"DK" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
PERSOEIRO
Médico de orixe ucraína. Foi director do Instituto Pasteur e un dos iniciadores da inmunoloxía moderna. Estableceu un método serolóxico para detectar a tuberculose mediante un antíxeno complementario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista e diplomático ruso. Como secretario da Emperatriz Catarina II, tomou parte nos acordos secretos co Emperador de Austria Xosé II. No 1787 foi nomeado primeiro mandatario de Asuntos Exteriores, cargo dende o que desenvolveu unha política pacificadora.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Con dezasete anos comezou a traballar nunha cadea de televisión. Entre 1957 e 1967 realizou documentais pedagóxicos e programas dramáticos. En 1967 debutou como director con Good Times. Outros filmes da súa produción son The French Connection (Contra o imperio da droga, 1971), co que gañou varios Oscar, The Exorcist (O exorcista, 1973), The Brink’s Job (O maior roubo do século, 1978), To Live and Die in L.A. (Vivir e morrer en Los Angeles, 1985), The Guardian (A titora, 1990), Jade (1995), 12 Angry Men (1997), Rules of Engagement (2000) ou The Hunted (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Seguidor do realismo socialista, publicou Cement (1925), Energija (1932-1938) e unha triloxía autobiográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor austríaco. Entre as súas obras destacan as novelas Die Hornissen (As avespas, 1966), Kaspar (1968), Die Angst der Tormanns beim Elfmeter (O medo do porteiro ao penalti, 1970), Falsche Beweung (Falso movemento, 1975), Die linkshändige Frau (A muller zurda, 1976), levada ao cine e dirixida por el en 1977, Das Gewicht der Welt (O peso do mundo, 1977), Die Lehdre der Sainte-Victorie (A lección de santa Victoria, 1980), Die Abwesenheit (A ausencia, 1987), Nachmigtag eines Schriftstellers (A tarde dun escritor, 1987), Mein Jahr in der Niemandsbucht (O ano que pasei na baía de ninguén, 1999), ademais de ensaio e teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta sueco. Influído por Whitman e D. H. Lawrence, foi un dos principais autores e teóricos do modernismo no seu país. Crítico e tradutor, escribiu Glöd (Resplandores, 1928), Dikter mellanjdur och gud (Poemas entre animais e Deus, 1944) e Agadir (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico ruso. Percorreu o país recollendo unha perspectiva lúcida e irónica da revolución socialista. Das súas obras destacan Scast’e (A felicidade, 1934), Čudesnica (A nena dos milagres, 1936) e Osvobozhdyonnaya zemlya (Terra liberada, 1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canle navegable de Alemaña, de 323 km de longo. Vai en dirección O-L, desde a canle de Dortmund-Ems, en Bevergen, ata o Elba, ao N de Magdeburg.
-
CIDADES
Cidade do kraj de Primorje, Rusia, situada no extremo oriental da república (161.000 h [1997]). É porto na baía homónima, no mar de Xapón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oivodato de Polonia (17.926 km2; 2.128.605 h [estim 2000]). A súa capital é Rzeszów (162.501 h [estim 2000]).
-
PERSOEIRO
Político e militar noruego. Simpatizante do nazismo, colaborou cos alemáns durante a ocupación de Noruega (1940) e o seu partido, o Nasjonal Samling (Unidade Nacional), pasou a ser o único permitido no país. Xefe de goberno (1942), aboliu a constitución e o réxime parlamentario e, ao terminar a guerra, foi xulgado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ondrej Braxatoris.
-
RIOS
Río de Siberia, afluente do Ienisei pola dereita (1.830 km de lonxitude). Nace na divisoria do Lena e o Angara, na oblast’ de Irkutsk, co nome de Katanga, e recibe o nome de Tunguska Medio tras a confluencia co Tetere.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida espirituosa neutra incolora, de 40 a 60°, ou máis, que se obtén por destilación ou rectificación, ou por ambas as dúas, de mostos procedentes da fermentación alcohólica da pataca, do centeo ou doutros cereais. Prodúcese e consómese principalmente en Rusia e Europa oriental.
-
PERSOEIRO
Escultor ruso. Naturalizado francés, dedicouse á talla e á escultura de pedra (El profeta, 1915) e inspirouse en elementos formais cubistas e na busca dunha abstracción das formas.
VER O DETALLE DO TERMO