"Da Ponte" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Segrel, probablemente galego. Escudeiro de profesión, puido ter familia compostelá ou algunha relación con Santiago de Compostela. Activo nas cortes de Fernando III e Afonso X entre 1235 e 1275, e quizais tamén na de Xaime I de Aragón, probablemente frecuentou as cortes señoriais de Lopo Diaz de Haro e Telo Afonso de Meneses. Participou no ciclo contra Maria Perez a Balteira. Consérvanse 53 composicións, localizadas nos tres principais cancioneiros, que amosan a súa preferencia polo xénero de maldicir e que o converten nun dos máis prolíficos do conxunto de autores da lírica galego-portuguesa. A súa produción divídese en sete cantigas de amor, en que destaca a súa técnica e o gusto cultista, como en “Senhor do corpo delgado”, ou “Agora me part’eu mui sen meu grado”, unha cantiga que parodia o amor e que introduce un elemento sorpresa; e “Poys de mha morte gran sabor avedes”, cargada de ironía e onde o poeta desexa que a amada morra de amor antes ca el. Neste xénero o autor evidencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Eume ao seu paso polas Pontes de García Rodríguez. Trátase dunha ponte de cantaría do s XIII con dous vans, alombada e ancheada. Atópase no Camiño Real de Lugo a Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vasco da Ponte.

    VER O DETALLE DO TERMO