"Da Val" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Política. Graduada en Psicorientoloxía pola University of Laredo (Texas), realizou cursos de dereito na Université de La Sorbonne e de socioloxía en Helsingor (Dinamarca). Residiu en Suíza (1972-1975), onde ocupou o cargo de secretaria da Federación de Entidades Españolas dos cantóns de St. Gallen e Appenzell. Ao seu regreso integrouse na política local de Vilagarcía e ocupou a secretaría xeral da Xunta local do PP. Foi deputada do Parlamento galego, polo PP, na IV lexislatura (1993-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aballe.
-
MONTES
Monte situado no extremo N da parroquia de Lamas de Campos (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 782 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidad de Sevilla, e doutorada cunha tese sobre José Luis Hidalgo, foi profesora de literatura nesta universidade, así como na Michigan State University (1968-1973), no University College de Dublín (1974-1976) e na Escola Universitaria da Coruña desde 1980. Traballou sobre escritores como R. J. Sender, R. Alberti, J. Guillén, J. R. Jiménez ou R. Dieste e dirixe a Colección Esquío de poesía e a revista crítica La barca de loto. Das súas obras destacan Mariposa en cenizas (1959), Extraña juventud (1962), Sin mucha esperanza (1966), Poemas de Cherry Lane (1968), Campanas en Sansueña (1977), Viejas voces secretas de la noche (1981), Poesía (1991), Del camino de humo (1994) e En el viento, hacia el mar (2002, Premio Nacional de Poesía 2003), antoloxía da súa obra entre 1959 e 2002.
VER O DETALLE DO TERMO