"Dakar" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CAPITAIS
Capital de Senegal e da rexión homónima, situada no extremo meridional da península de Cabo Verde (1.869.000 h [estim 1994]). A forte inmigración (un 75% da poboación) obrigou á creación de barrios novos, como o de Fann, onde está a universidade máis importante do Estado. Ás funcións administrativa e política engádese a comercial, xa que é o enlace coas rutas entre Europa e África, e entre Europa e América do Sur. Ten un porto moi activo, a través do que exporta os produtos da rexión, principalmente cacahuetes, aceite de cacahuete e fosfatos. Ten instalacións para o abastecemento de carbón e aceites pesados, silos e cámaras frigoríficas. Destaca tamén a pesca, sobre todo a de atún, da que é a principal base africana. A actividade portuaria favoreceu o desenvolvemento da industria, entre a que destaca a fabricación de xabróns e tecidos, produción de aceite de cacahuete e outras industrias alimentarias. Ten estaleiros e unha refinería de petróleo. Ademais de ser o centro político e administrativo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título que se dá ao presidente do goberno autonómico vasco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba automobilística de resistencia creada en 1977 por Thierry Sabine, despois de perderse durante varios días coa súa moto no deserto de Libia. O rallye reúne máis de 300 pilotos nunha carreira de 20 días e uns 10.000 km de percorrido entre as dúas cidades. Motos, coches e camións compiten en cadansúa categoría nunhas condicións extremas.