"Dalila" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Nome bíblico do Antigo Testamento que procede do hebreo D’lilah, que talvez signifique ‘pobreza’. Segundo as Sagradas Escrituras, Dalila era unha fermosa muller da que se namorou Sansón, un dos xuíces bíblicos hebreos, famoso pola súa forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller filistea da que, segundo o libro dos Xuíces se namorou Sansón, un dos xuíces bíblicos hebreos famoso pola súa forza. Cedendo ás suxestións dos príncipes filisteos e sabedora de que a forza sobrehumana do seu amante radicaba na súa longa cabeleira, cortoulle os cabelos mentres durmía. Deste xeito, Sansón perdeu a súa extraordinaria forza e, atado de pés e mans, puido ser apreixado polos seus inimigos, quen o desollaron e encadearon.

    VER O DETALLE DO TERMO