"Darbo" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Darbo. Trátase dunha construción románica de principios do s XIII, formada por unha soa nave e unha ábsida rectangular á que se accede por medio dun arco triunfal de medio punto. Na ábsida destacan dúas cruces antefixas: unha cruz latina con círculo central e sostida por un Agnus Dei, e outra de Santo Andrés ou de entrelazo. No hastial do testeiro da nave consérvase outra cruz antefixa da época románica. Na nave destaca unha fiestra abucinada que se abre no muro norte da nave. No exterior destacan a portada occidental encalada, na que se atopa un tímpano que presenta unha cruz potenzada inscrita nun círculo e tallada con relevo a bisel, e os canzorros de proa que sosteñen os beirís.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Darbo da que se conservan algúns restos en estado ruinoso. Pertenceu ao señorío compostelán e menciónase na Historia Compostelana como refuxio dos inimigos, entre outros, de dona Urraca, Paio Gudesteiz e Rabinado Núñez.
-
PERSOEIRO
Matemático francés. Catedrático de Xeometría Superior na Université de la Sorbonne. Publicou memorias sobre o estudo das superficies ortogonais, ecuacións diferenciais de segunda orde en derivadas parciais, aproximación de funcións, funcións descontinuas, etc. A súa obra Leçon sur la théorie générale des surfaces et les applications géométriques du calcul infinitésimal (Lección sobre a teoría xeral das superficies e as aplicacións xeométricas do cálculo infinitesimal, 1887-1896) constitúe unha síntese de traballos realizados nos campos da xeometría e do cálculo durante o s XIX. Desenvolveu tamén unha nova teoría sobre as superficies alxébricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástica alemana. Formouse na Escola de Belas Artes de Hamburgo. Viviu en Nova York (1966-1968), onde se relacionou cos minimalistas e con Sol Lewitt. En 1967 realizou a súa primeira exposición individual e, a partir de 1968, comezou a crear calendarios expostos en columnas. Entre outras mostras participou na Documenta de Kassel (1972-1982). Dende 1973 reescribe obras literarias, entre outras A Eneida.
VER O DETALLE DO TERMO