"Darriba" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • GALICIA

    Política e mestra. Diplomouse en filoloxía francesa e galega pola Escola Universitaria de Ourense. Militante da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) desde 1977, formou parte do grupo municipal do BNG da Guarda desde 1995 e foi elixida parlamentaria por Pontevedra na V lexislatura (1997-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica. Estudiou belas artes en Bos Aires e ampliou a súa formación con bolsas de estudo en Arxentina, España, Francia, Italia e Alemaña. Dende 1990 vive e traballa en Galicia. En 1999 comezou a traballar no proxecto Cumulum “Muralla de libros” coa finalidade de rodear a Muralla de Lugo cunha estrutura metálica forrada con medio millón de libros. Esta instalación, que contribuíu á declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, foi a maior obra do mundo realizada con libros. Con este mesmo material realizou a instalación Libres aves des livres (Libres cos libros) coa que cubriu columnas, paredes e teitos da Maison da UNESCO de París (2000); cubriu a fachada exterior da Casa de Galicia en Madrid (2000); e, co patrocinio da UNESCO e do concello de Madrid, cubriu a Puerta de Alcalá (2001), proxecto que formou parte de Madrid, Capital Mundial del Libro. Realizou numerosas exposicións individuais e participou en mostras colectivas en Hispanoamérica e Europa. Preside...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidad de Madrid. Especializouse no estudo das enfermidades tropicais, formándose no Instituto para as Enfermidades Tropicais de Hamburgo e na Escola de Medicina Tropical de Liverpool. Publicou Sobre anquilostomiasis en la huerta de Murcia (1936) e Infección personal por helmintos intestinales en el distrito de La Raya, Madrid (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO