"Deba" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 30.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela da constelación de Tauro, a décimo cuarta máis brillante da bóveda celeste, cunha magnitude visual aparente de 0,8, a unha distancia da órbita da Terra de 68 anos-luz. É unha xigante vermella e pertence á clase espectral K5.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na cidade de Ferrol no ano 1903, onde se recollían as actividades do Ateneo Ferrolano. Na edición de 1905-1906 incluíase un extenso poema en galego titulado “Cipriana” de Emilio Balás.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo húmido, formado por pequenas lagoas, marismas e carrizais, orixinado pola acción da dinámica litoral sobre a desembocadura do río Valdebois, no extremo setentrional da praia de Carnota, no lugar de Caldebarcos da parroquia de San Mamede de Carnota, pertencente ao concello de Carnota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segmento máis setentrional da praia de Carnota, situada no lugar de Caldebarcos da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota, que pecha polo N a praia de Carnota.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Escocia sobre o río Clyde. Trátase dun importante porto fluvial situado preto de Glasgow (49.650 h [estim 1995]). A base da súa economía é a industria, na que destacan os estaleiros, a metalurxia e as fábricas de cemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do territorio de Gipuzkoa, Euskadi. Nace nas montañas de Arlabán e desemboca no Mar Cantábrico pola ría de Deba, despois dun percorrido de 56 km. Os seus principais afluentes son o Oñati, pola dereita, e o Ego pola esquerda.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, situado na marxe dereita da ría de Deba (5.042 h [1996]). A economía está diversificada, e destacan a agricultura e a gandería bovina. Tamén é un importante porto pesqueiro e lugar de veraneo. Posúe certa actividade industrial, especialmente no sector metalúrxico. Do seu patrimonio cultural destacan a cova de Ekain, do período magdaleniano, a igrexa Debakoa Santa Maria e o Itziarko Santutegia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade no estado de Bauchi, Nixeria, situada entre Gombe e Kumo, na marxe dereita do río Benue (125.300 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
debandoira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separar as tripas unhas das outras sacándolle o tecido graxo que as mantén unidas.
-
-
Acción e efecto de debagar.
-
Caída espontánea das castañas dos seus ourizos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se asentou en Betanzos. As súas armas levan, en campo de azul, un castiñeiro.
-
-
-
Sacar os grans da espiga do millo.
-
Sacar as castañas do ourizo cando están maduras.
-
Sacar os legumes das casulas.
-
-
Sacar os bagos do acio e ilos comendo pouco a pouco.
-
-
-
Sacar a auga dun pozo por medio dunha canle que lle dea saída.
-
Chover con moita intensidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caer as castañas de forma espontánea do ourizo cando están maduras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nun lugar inferior a algo ou a alguén, tanto se hai contacto físico ou non.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Debalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Debalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Ourense. Outros apelidos relacionados con esta caste son Debalado, Devalar e Debaladoiro. As súas armas levan, en campo de azul, un río sucando un terreo de sinople.