"Decca" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Denominación comercial dun sistema de orientación hiperbólico ideado en Gran Bretaña, constituído por catro emisoras de radiofrecuencia en onda continua dispostas en forma de estrela. A central recibe o nome de principal, e as outras tres, auxiliares; cada unha delas radia nunha frecuencia distinta, mentres que a principal radia todas as frecuencias ao mesmo tempo, sincronizadas coas emisoras auxiliares. Nun punto, a diferenza entre as fases de sinais recibidas definen a diferenza de distancias entre o receptor e a emisora principal, e entre o receptor e a emisora auxiliar considerada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano da India que se estende por case toda a área peninsular, que historicamente deu nome a todas as terras ao S de Narmada. É un altiplano inclinado de O a L, de beiras abruptas: os Ghats orientais e occidentais. O seu interior está sucado por aliñacións de outeiros e atravesado polos ríos que nacen no golfo de Bengala. A poboación está composta por unha multitude de etnias diferentes, aínda que predominan as dravídicas. Alternan as grandes extensións de estepas usadas para pastos cos campos de algodón e cereais. No NL, o arroz constitúe o cultivo principal e nas montañas aparecen gradualmente as plantacións de té, café e caucho. A explotación dos bosques baséase nas apreciadas madeiras de teca e sándalo. Entre os ss XVII e XIX foi sede da Confederación Mahratta e do estado do nizam de Hyderabad. Independizouse do Imperio Mongol (1724) e foi sometido polos británicos en 1768.

    VER O DETALLE DO TERMO