"Democratic Party" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Grupo político norteamericano que naceu a finais do s XVIII con motivo das discusións que sobre os poderes do goberno nacional se fixeron na convención de 1787. Fundado por Thomas Jefferson en 1792, buscaba unha participación máis ampla no goberno, fronte ao elitista Federalist Party. En 1798 adoptou o nome oficial de Democratic-Republican Party e en 1800 accedeu por primeira vez á presidencia con Jefferson. Era un partido fundalmente aristocrático ata a elección como presidente de Andrew Jackson en 1829, considerado outro dos grandes fundadores do partido. En 1844 adoptaron o nome simplificado de Democratic Party. Xeograficamente, os demócratas eran, na súa maioría, habitantes do sur dos EE UU. O problema da escravitude dividiu o partido: na convención de Charleston presentaron dous candidatos ás eleccións de 1860, feito que favoreceu a súa derrota. Entre 1860 e 1932 o partido só ocupou a presidencia durante sete anos. T. Woodrow Wilson (1913-1921) abriu unha nova etapa ao establecer o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político británico xurdido en 1981 a raíz dunha escisión do Labour Party protagonizada por Roy Jenkins, David Owen, William Rodgers e Shirley Williams. Mantivo unha alianza electoral co Liberal Party que fracasou no intento de romper o sistema bipartidista.

    VER O DETALLE DO TERMO