"Derby" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CIDADES

    Cidade do condado de Derbyshire, Inglaterra, Reino Unido, ao N de Birmingham, e drenado polo río Derwent (235.200 h [1997]). É un importante núcleo industrial, sede da factoría de automóbiles Rolls Royce. Tamén destaca a elaboración de porcelana, que goza dunha gran reputación desde mediados do s XVIII. No seu patrimonio monumental destaca a catedral (1725), cunha torre de estilo gótico perpendicular (1510-1513).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carreira hípica, instituída por lord Derby en 1780, que se disputa anualmente en Epson (Inglaterra) o mércores anterior á festa de Pentecoste. Reservada para cabalos e eguas purosangues de tres anos, dispútase sobre unha distancia de 2.400 m.

    2. Enfrontamento deportivo entre equipos representativos dunha mesma cidade ou rexión, que manteñen unha rivalidade tradicional na pugna pola supremacía da súa disciplina no territorio común a ambos os dous.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward Stanley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (2.631 km2; 957.900 h [1995]). A súa capital é Matlock (20.610 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO