"Deva" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 35.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Huesca, Aragón, regado polo canal dos Monegros e a da Violada (2.379h [1996]). Ten agricultura mediterránea. Feira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca da provincia de Huelva, Andalucía, situada ao S da serra de Aracena. Nela atópanse os depósitos de piritas de ferro e cobre máis importantes de España. As principais vilas son Nerva, Calañas, Zalamea la Real e El Cerro de Andévalo.
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto francés. Foi profesor de Dereito Internacional na Sorbona. Membro do Tribunal Internacional de Xustiza da Haia (1946-1964), do que foi presidente (1949-1952). Representou á Academia das Ciencias Morais e Políticas na Unión Académica Internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Catalunya, na comarca do Ripollés, situado nunha chaira preto do río Freser (3.347 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura de secaño e a cría de gando bovino, porcino e ovino, complementadas coas actividades das pequenas industrias téxtiles e metalúrxicas. Fóra da vila conta cunha igrexa románica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da comarca de Andévalo, provincia de Huelva, Andalucía (2.785 h [1996]). Está accidentado pola serra de Aracena e drenado polo río Oraque. A base da súa economía é a agricultura e as explotacións das minas de pirita e cobre.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Miño pola dereita. Nace na vertente sudoccidental da serra do Faro de Avión, na parroquia de Petán (concello da Cañiza). O seu curso adopta unha dirección meridiana (N-S) coa que drena as parroquias das Achas, Parada das Achas e Valeixe, no concello da Cañiza, e Mourentán e Arbo, no concello de Arbo. Desemboca na última destas despois de percorrer uns 16 km e drenar unha conca de 92 km2.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Miño pola esquerda. Nace na parroquia de Bangueses (concello de Verea). O seu curso adopta unha dirección SL-NO coa que drena os concellos de Verea, Quintela de Leirado e Pontedeva. Desemboca no límite entre as parroquias de Trado (concello de Pontedeva) e Valongo (concello de Gomesende), despois de percorrer uns 12 km e drenar unha conca de 132 km2. Achega ao Miño un caudal medio de 2,5 m3/s.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da vertente cantábrica que serve de límite entre as comunidades autónomas de Cantabria e o Principado de Asturias. Nace na vertente setentrional de Peña Prieta, nos Picos de Europa, atravesa La Liébana e desemboca no mar Cantábrico pola ría de Tinamayor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deba.
-
CAPITAIS
Capital do jude ṭ de Hunedoara, Romanía, situada á beira do Mures (76.498 h [1999]). Está dominada por un outeiro que conserva no seu cumio as ruínas dunha cidadela do s XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Na teoloxía védica, deus mozo e xeneroso que chegou a inmolarse polo ben das súas criaturas. É a antítese da asura, deus ancián, celoso e egoísta, que encarna o espírito maléfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción arquitectónica situada sobre o río Deva en Breixome (A Ponte Deva, A Cañiza). Pertenceu ao antigo camiño de Celanova a Frieira. Trátase dunha ponte do s XIX con dous vans con cadansúas dúas bóvedas de medio punto, desaugadoiro alintelado e rasante alombada.
-
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte. Estudiou filosofía en París. Nos seus estudios teóricos introduciu conceptos procedentes da psicanálise e da socioloxía. Colaborou na revista Tel Quel e foi un dos fundadores do grupo Support-Surface e da revista Peinture cahiers-théoriques. Entre os seus escritos destaca Histoire-critique d’une peinture (Historia-crítica dunha pintura, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión da resistencia ao desgaste dos áridos, manifestado pola perda de peso (en porcentaxe sobre o peso inicial) que sofren os fragmentos de pedra debido ao choque que se produce entre eles e as paredes do recipiente de ensaio.
-
-
Baixar a marea.
-
Diminuír o nivel das augas dunha corrente de auga ou dun líquido.
-
Minguar a lúa ou entrar en cuarto minguante.
-
Baixar o sol cara ao ocaso.
-
Ir a menos unha cousa en tamaño, cantidade, importancia ou intensidade.
-
Afastarse unha nave do seu rumbo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Ramón Otero Pedrayo en 1935 que supuxo a culminación do seu ciclo narrativo sobre a formación da conciencia galeguista, iniciado coa recreación da época do Rexurdimento en Os camiños da vida (1928) e continuado en Arredor de si (1930). Céntrase na mocidade galega vinculada ao Seminario de Estudos Galegos e presenta unha visión da realidade galega coetánea, desde a que se remonta ao pasado, a través da memoria dos personaxes, da que deduce o seu posible futuro (a desaparición da fidalguía e a adecuación aos novos tempos, o papel do galeguismo no porvir de Galicia, etc). Asemade, ofrece a súa visión persoal da xeografía e do contorno natural galegos (a ribeira e a bocarribeira, a cidade, a chegada do inverno, etc), así como da literatura e da cultura. Divídese en once capítulos nos que os personaxes aparecen e desaparecen como impresións fuxidías, e a acción xira ao redor de tres protagonistas que se conciben como símbolos da Galicia do presente e do...
-
-
Descenso da marea.
-
Diminución do nivel das augas dun caudal ou dun líquido.
-
Cuarto minguante da Lúa.
-
Caída do sol.
-
Diminución do tamaño, cantidade ou importancia de algo.
-
-
-
-
Facer que unha cousa perda o seu valor.
-
Facer que unha moeda perda o seu valor.
-
-
-
Perder algo o seu valor.
-
Perder unha moeda o seu valor.
-
-
-
PERSOEIRO
Historiador da arte e arqueólogo. Dirixiu escavacións en Thassos e foi conservador de antigüidades gregas e romanas do Musée du Louvre (1937-1973) e director da publicación Corpus vasorum antiquorum.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de escritura india que deriva do antigo brahmi, como a maioría das escrituras de Asia central e do sur. Os primeiros vestixios localizáronse en inscricións do s VII, e son unha modificación da escritura gupta, moi utilizada no s IV pola dinastía homónima. Ademais de ser a escritura tradicional do sánscrito, o devanagari converteuse no alfabeto do hindi moderno. O alfabeto devanagari, escrito de esquerda a dereita, caracterízase pola abundancia de enlaces e polos trazos longos e horizontais na parte superior das grafías, que forman unha soa liña continua cando se unen formando palabras. Consta de 49 signos simples e máis de 200 compostos. Aínda que na súa orixe era un sistema de escritura de carácter alfabético, pasou a ser silábico (as grafías consonánticas transcriben o son da consoante correspondente acompañado da vogal inherente).