"Dexo" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

    1. Peixe de corpo alongado que pode acadar uns 80 cm de lonxitude. Ten a mandíbula inferior sobresaínte, os ollos grandes e a liña lateral formando un S por riba das aletas pectorais. É de cor castaña verdosa no dorso, máis clara nos flancos e branca na parte ventral. Vive en augas costeiras sobre fondos duros e rochosos; de novos atópanse no litoral e de adultos en augas máis profundas ata 100 m. Aliméntase de peixes de menor tamaño.

    2. O procesamento industrial do abadexo, moi cotizado no mercado, foi, xunto co do polbo, dunha especial relevancia nas pesqueiras das Rías Baixas. A súa importancia comezou a partir do s XVIII debido ás guerras co Reino Unido, principal exportador europeo de bacallao, artigo moi consumido por todas as clases sociais antes desa época e un dos substitutos preferidos da carne en períodos de vixilia relixiosa. Ese feito levou as autoridades ilustradas a fomentar a transformación de especies con características semellantes, polo que se fixaron no abadexo. Xa no s XIX, os fabricantes das salgadeiras acompañaron a produción de sardiña coa transformación do abadexo, especialmente en épocas de escaseza de capturas. Esta substitución acelerouse despois da Guerra Civil Española (1936-1939), cando Galicia experimentou unha importante diminución das actividades extractivas de bacallau nos bancos pesqueiros internacionais por causa da Segunda Guerra Mundial. Posteriormente, a transformación do abadexo...

    3. Peixe que admite a salgadura, aínda que adoita consumirse fresco, ben cocido, fritido ou guisado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Baiona. As súas armas levan, sobre ondas de azur e prata, un abadexo .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oleiros baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción señorial situada en Dexo (Oleiros). Ten planta cadrada e unha torre ameada. Foi casa patrucial dos Sánchez de Taibo. Conserva un brasón que alude ás familias Taibo, Ponte e Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Oleiros. De orixe románica, reconstruíuse e modificouse en diversas ocasións: en 1108, segundo a Historia Compostelana, foi reconstruída e consagrada por Xelmírez; segundo unha inscrición situada nun tambor das columnas do arco triunfal, o abade Martiño de Dexo restaurouna en 1148; un epígrafe da imposta que percorre a ábsida sinala o ano 1200 como a data doutra reedificación, á que pertence a maior parte da construción conservada; unha inscrición do tímpano occidental mostra unha reforma de 1236; no s XVIII reformouse a fachada principal ao engadirse a espadana; e en 1733 o mestre Andrés Martínez construíu a capela maior seguindo as trazas de Fernando de Casas Novoa; en 1903 un incendio obrigou á súa restauración; e, finalmente, foi restaurada entre 1990 e 1991. Trátase dun templo dunha soa nave e ábsida semicircular. A nave ten cuberta de madeira mentres que o presbiterio se cobre cunha bóveda de canón lixeiramente apuntada e a ábsida con bóveda de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de padexar.

    VER O DETALLE DO TERMO