"Dodoma" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital de Tanzania e da rexión homónima, situada no interior do país a unha altitude superior aos 1.100 m (203.833 h [estim 1988]). A partir de 1972, coa intención de emular o proceso de urbanización do interior do país que se desenvolvera no Brasil, fóronlle transferidas gradualmente as funcións administrativas capitalinas; así, dende 1996 acolle o Parlamento tanzano. Situada na antiga ruta das caravanas que comunica o Lago Tangañika e África Central co mar, Dodoma era un pequeno asentamento do pobo Gogo, pastores seminómades, que grazas a ese tránsito puido converterse nun pequeno centro comercial. Dende a segunda metade do s XIX experimentou un importante crecemento debido ao ferrocarril construído polos colonizadores alemáns, que esperaban aproveitar as vantaxes da tradición mercantil da cidade. A administración británica, que substituíu a dos alemáns ao remate da Primeira Guerra Mundial, demostrou menos interese ca estes no desenvolvemento de Dodoma como centro adminstrativo. Non...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (41.311 km2; 1.461.000 h [estim 1994]). A capital é Dodoma.

    VER O DETALLE DO TERMO