"Dole" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da vida que segue á infancia e precede á idade adulta, aproximadamente desde os 14 aos 20 anos no home e dos 12 aos 18 na muller, aínda que varía segundo o individuo. Durante este período teñen lugar uns cambios importantes que afectan á personalidade total e crean un estado de crise persoal que inflúe na conduta do individuo, crise que varía segundo o ambiente familiar e a actitude social respecto do adolescente. Soe corresponder aos primeiros grandes cambios endocrinos que posibilitan as transformacións corporais da pubertade: desenvolvemento das gónadas e aparición dos caracteres sexuais secundarios. Psicoloxicamente, o adolescente experimenta cambios cualitativos e cuantitativos en tres niveis: instintivo, pois representa un incremento da sexualidade e da agresividade, con un grande aumento dos impulsos, afectivo, que é o momento de variacións emotivas e de proximidade á independencia de cara á madurez, coa inseguridade e a introversión que estes cambios comportan, e intelectivo,...
-
-
Que ou quen está na adolescencia.
-
Que está novo ou nunha etapa que vén de comezar e que non chegou ao seu clímax ou plenitude.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Correa que se leva rodeando o corpo atravesando o peito e as costas dende o ombreiro esquerdo ata a cadeira dereita e que no remate leva un gancho para pendurar unha arma de fogo os soldados da cabalería. É distintivo dos gardas rurais e tamén do uniforme dalgúns corpos militares, particularmente o de gala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade criminal realizada por bandas armadas, comandadas por un xefe, contra persoas, propiedades, edificios, vehículos, etc. O bandoleirismo constitúe a expresión do malestar económico e social, a miúdo con implicacións políticas, relixiosas e ata étnicas, motivado fundamentalmente pola miseria dos máis humildes. A súa existencia remóntase á Antigüidade (especialmente ao Baixo Imperio) e reaparece cunha enorme virulencia a fins da Idade Media, sobre todo en Francia e en Alemaña, por causa da crise da sociedade feudal. Pero é entre o 1550 e o 1600 cando tivo lugar un verdadeiro paroxismo deste fenómeno, de xeito simultáneo en todos os países mediterráneos, cristiáns ou musulmáns, especialmente no Principat de Catalunya (iniciado por Moreu Cisteller, rematou co lendario Serrallonga cando a revolta do 1640) en Calabria e na Albania dominada polo imperio otomano. A situación persistiu durante o s XVII en España, en Italia e tamén en Francia, e aínda máis en Alemaña, diminuíndo progresivamente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quen rouba en despoboados ou nos camiños que normalmente forma parte dunha banda. SIN: bandido.
-
-
Acción e efecto de condoerse.
-
Expresión de dor que se sente pola pena doutro, especialmente cando está motivada pola morte de alguén.
-
-
CIDADES
Cidade do departamento de Jura, no Franco Condado, Francia, situada á beira do Doubs (26.577 h [estim 1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas que lles proporcionan zume aos insectos polinizadores, especialmente dípteros, polo que se benefician do transporte do pole que realizan os insectos que buscan, infrutuosamente, alimento nelas. Un exemplo desta estratexia é o xénero Parnassia, presente en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
diabase.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. Discípulo de Bach, foi kantor de San Tomé en Leipzig dende 1756. Compuxo cantatas, motetes, oratorios, misas e pezas para teclado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista francés. Traballou en Lyon como impresor e foi acusado de herexía, polo que o condenaron e queimaron en París. Publicou, entre outras obras: Manière de bien traduire d’une langue en l’autre (Xeito de traducir correctamente unha lingua á outra, 1540) e Second enfer (Segundo inferno, 1544), contrario á Inquisición, e os poemas Cantique sur la désolation et la consolation (Cántico sobre a desolación e a consolación, 1546).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que manexa unha góndola.
-
-
Inclinación natural propia de cada persoa.
-
Calidade propia e intrínseca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de indolente.
-
-
Que está indiferente e non se interesa por nada.
-
Que realiza o mínimo esforzo.
-
Que non causa dor ou que non é daniño.
-
-
PERSOEIRO
Política estadounidense. En 2001 converteuse en conselleira de seguridade nacional do presidente G.W. Bush, que a nomeou secretaria de estado en 2005.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal e humanista italiano. Exerceu diversas funcións políticas e eclesiásticas, sobre todo de concilación cos protestantes. Escribiu poemas latinos, aínda que a fama lle veu do seu ciceronianismo, obras de filosofía, de pedagoxía e de teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO