"Douai" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade do departamento de Nord, Francia, situada nunha importante conca hulleira, á beira do río Scarpe (42.175 h [1990]). A industria do automóbil, a de equipamento para o ferrocarril e o sector químico son as principais actividades económicas. O seu porto fluvial permite establecer importantes relacións comerciais cos portos do mar do Norte. Identificada co Castrum Duacense romano, converteuse no centro da industria de panos flamenga durante a Idade Media. Incorporada aos territorios dos Habsburgo (1477), pasou a formar parte do Reino de Francia pola Paz de Aquisgrán. Do seu patrimonio destacan a casa do concello, de estilo gótico flamíxero (s XV), o palacio de Xustiza (s XVIII), e as igrexas de Notre Dame (s XIII-XVI), Saint-Pierre (ss XVI-XVIII) e Saint-Jacques (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Philippe Antoine Merlin.

    VER O DETALLE DO TERMO