"Dubrovnik" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade de Croacia, capital do condado de Dubrovnik-Neretva, na costa de Dalmacia (49.728 h [1991]). A elaboración de queixos, licores e o sector téxtil (pel) constitúen a base da súa economía. O turismo é tamén unha importante fonte de ingresos. Fundada no s VII, converteuse entre os ss XV e XVI na República de Ragusa. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, construída no s XVIII sobre unha edificación románica e reconstruída en 1986; a igrexa de Santo Ignacio (ss XVII-XVIII) e a fortaleza de San Xoán. A UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade a cidade vella en 1979.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Croacia (1.784 km2; 126.329 h [1991]). A capital é Dubrovnik.
VER O DETALLE DO TERMO