"Dudley" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
CIDADES
Cidade do condado de West Midlands, en Inglaterra, Reino Unido (311.500 h [1996]). As industrias metalúrxicas e as construcións mecánicas son a base da súa economía; ademais de destacar como un importante núcleo mineiro (hulla).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aristócrata. Vizconde de Lisle (1542), conde de Warwick (1547) e primeiro duque de Northumberland (1551), foi colaborador de Enrique VIII e Eduardo VI. Opúxose á sucesión de María Tudor e, acusado de alta traizón, foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aristócrata inglés, conde de Leicester. Favorito de Isabel I, foi enviado ás Provincias Unidas para axudar os rebeldes holandeses contra España (1585).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo estadounidense. Profesor en Ann Arbor. Discípulo de Émile Durkheim, afondou na ecoloxía humana. Escribiu Metropolis and Region (Metrópole e rexión, 1960), así como diversos estudios sobre a poboación rural e afroamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Doutorouse en Química-Física pola Universidade de Harvard. Estudiou os fenómenos que interveñen nunha reacción química e aclarou a dinámica dos procesos químicos elementais. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1986, que compartiu con Yuan Tseh. Lee e John Charles. Polanyi, polo desenvolvemento dunha nova rama da química, a dinámica das reaccións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e guionista cinematográfico inglés. Iniciou a súa carreira en Broadway e realizou pequenos papeis en comedias cinematográficas. Compositor dalgunhas bandas sonoras, o éxito chegoulle en 1979 ao protagonizar o filme Ten, de Blake Edwards, ao que seguiron Arthur (1981), pola que foi nominado ao Oscar; Six Weeks (1982), Crazy people (1990) e The Pickle (1993).
VER O DETALLE DO TERMO