"Dulce" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, ao NL de Osuna (1.956 h [1996]). Ten cultivos de cereal e oliveira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e poetisa cubana. Foi directora de cultura do ministerio de Educación e membro da Academia Nacional de Artes y Letras. A súa obra máis importante é Horas de mi vida (1912). Tamén publicou El matrimonio en Cuba (1914) e Poesías (1916). Recibiu en 1914 o Premio do Centenario de Gertrudis de Avellaneda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino, forma culta de Doce.
-
PERSOEIRO
Poetisa. Iniciouse no intimismo posmodernista con Versos 1920-1938 (1938) e, posteriormente, evolucionou a unha escrita onde domina a serenidade contemplativa con Juegos de agua (1947). Das súas obras destacan Poemas sin nombre (1953), Obra lírica (1965), La novia de Lázaro (1991) e a novela Jardín (1951). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1986) e o Premio Cervantes (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Coñecida como Maruxa Orxales, foi colaboradora de publicacións como La Estafeta Literaria ou Galicia en Madrid. Introducida no mundo literario por R. Otero Pedrayo, deu recitais poéticos por diversos lugares de España, algúns deles acompañada por Celso E. Ferreiro. A súa obra poética, marcada pola fantasía, a sinxeleza e, sobre todo, a sinceridade, está adornada de ricas metáforas. Da súa produción destacan Te he perdido. Para tí mis palabras (1971), Viviendo en amor (1974), Caminos (1975), Elesmiel (1989), Se apagará esta luz? (1992), Hombres para el milagro (1999) e Vientos de amor (2004). Tamén son importantes os libros de sonetos Iris de paz en mi brumoso cielo e A fonte secreta. Recibiu a Vieira de Ouro (2000) e o Premio de Poesía Rincón Azul.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Libreiro, bibliógrafo e escritor. Publicou a obra monumental Manual del librero hispanoamericano (1923-1927 e 1948-1976), onde describe obras en calquera lingua, publicadas por autores nacidos na Península Ibérica e Hispanoamérica. Trátase do repertorio bibliográfico máis completo dentro do seu ámbito. Tamén publicou El año literario y artístico en Barcelona (1895), La biblioteca del marquès de Llió (1909) e Bibliografía de Cervantes (1924).
VER O DETALLE DO TERMO