Concello da comarca de Fisterra, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos municipios de Vimianzo (Terra de Soneira) e Muxía (Fisterra), ao S con Mazaricos (Xallas) e Carnota (Muros), ao L con Vimianzo e Mazaricos e ao O con Cee e Muxía. Abrangue unha superficie de 124,65 km 2 cunha poboación de 3.890 h (2007) distribuídos nas parroquias de Berdeogas, Buxantes, Dumbría, O Ézaro, Olveira, Olveiroa e Salgueiros. A capital municipal, o lugar de Dumbría, está situada a 43° de latitude N e 9° 6’ de lonxitude O, 85 km ao SO da Coruña e 79 km ao O de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Corcubión e á arquidiocese de Santiago. Xeografía física O concello de Dumbría está enmarcado baixo o dominio climático oceánico húmido, na transición entre tres tipos diferentes: o do litoral atlántico do NO, o das Rías Baixas e o das plataformas occidentais. Así, as súas características fundamentais son...