"Durán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 61.
-
PERSOEIRO
Actor e director teatral. Traballou en diversas compañías (1978). A partir deste ano integrouse no grupo Dagoll-Dagom, no que participou como actor e director en Antaviana (1978) e Glups (1983). Tamén participou exclusivamente como director en El Mikado (1986), Mar i cel (Mar e ceo, 1988) e noutras obras doutras compañías como Sin palabras (1987) e Quartetto da cinque (1987). Nos últimos anos dirixiu de novo espectáculos de Dagoll-Dagom como Flor de Nit (Flor de Noite, 1992). Tamén puxo en escena a ópera Don Pascuale de Donizetti no Teatro Grego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Comezou o seu labor periodístico na emisora da Cope en Vigo, en Radio Pontevedra e Radio Vigo. Traballou tamén na prensa escrita, concretamente como delegado de Faro de Vigo en Santiago, dende onde pasou a El Correo Gallego e, finalmente, a El Ideal Gallego. No período 1986-1996 foi redactor xefe e subdirector da TVG. Volvería á radio, nomeado como director de informativos da Radio Galega; posteriormente foi director de TVE en Galicia, director rexional da emisora Cope en Galicia e director da Radio Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dicionario elaborado por Pablo Pérez Constanti e publicado en 1930 polo Seminario de Santiago de Compostela. Recolle noticias sobre máis de 650 artistas, galegos ou non, que traballaron en Galicia, a partir dun traballo de investigación realizado nos principais arquivos galegos. Fonte para o estudo da arte galega durante os ss XVI e XVII, tivo a súa continuación na obra Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), de Xosé Couselo Bouzas.
-
GALICIA
Astrónomo. Estudiou matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, universidade na que tamén realizou o doutoramento en Astronomía. Profesor de astronomía e matemáticas na Universidad de Zaragoza (1973-1981) e, dende 1981, na universidade compostelá, centrou o seu labor investigador no estudo dos sistemas estelares múltiples. Director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (1983), é o impulsor da construción do Observatorio Astronómico de Monte Faro. Participou en numerosos congresos de astronomía e astrofísica e é autor de máis de 50 artigos científicos, difundidos en publicacións de ámbito nacional e internacional, e coautor, xunto con A. Elipe, do libro Astronomía: 280 problemas resueltos (1983). Dende novembro de 1985 é membro da Unión Astronómica Internacional (UAI).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comerciante e militar. Embarcou en Cádiz con destino a Montevideo e trasladouse a Bos Aires, onde se estableceu como comerciante. Durante o ataque dos ingleses á cidade (1806), enrolouse no Tercio de Gallegos e foi nomeado tenente da Compañía de Granaderos. Foi capitán (1807) e membro do cabido de Bos Aires (1808). A Junta Superior del Reino confirmouno no cargo o 13 de setembro de 1809, pero foi cesado o 17 de outubro de 1810 e desterrado a Ranchos. Logo da independencia, volveu a Bos Aires e dende 1821 continuou coa súa actividade comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome e apelido patronímico que proceden do latín durandus (participio de futuro pasivo ou xerundivo do verbo durare ‘durar, permanecer, resistir’). Como nome persoal documéntase no s XIII: “Duram” (doc ano 1205 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 159). Como apelido atéstase no s XIV: “Pedro Durã” (doc ano 1317 en C. de Azevedo Maia, História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 227).
-
Liñaxe moi estendida por toda a Península que se estableceu na Limia. A rama galega trae como armas, en campo de goles, un pao de ouro, e en punta, ondas de azul e prata; bordo de ouro, con oito cabezas de león (ou de lobo), de goles.
-
-
GALICIA
Compositor. Profesor numerario do Conservatorio Superior de Música da Coruña, estudiou nos conservatorios superiores da Coruña e Vigo, e dende 1997 é asesor técnico da consellería de Educación da Xunta de Galicia. Socio fundador e directivo da Asociación Galega de Compositores, é autor de publicacións didácticas de linguaxe musical e piano, amais dun monográfico sobre a obra do seu mestre Roxelio Groba. Colaborador na Revista Galega de Ensino e crítico musical en La Voz de Galicia, en 1986 gravou a música para a produción do Centro Dramático Galego de A noite vai coma un río. Na súa traxectoria profesional dedicou especial atención á transcrición de pezas de distinta autoría, sobre todo para quinteto de metais, escribiu obras sobre temas de P. Sorozábal (Variaciones sobre un tema de Pablo Sorozábal, 1990 e 1993) e de A. Gaos (Variaciones sobre “Rosa de abril”, 1997) e diversos lieder sobre textos de F. Pessoa (Estou só, 1985), G. Diego...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Como docente tivo varios destinos, entre os que cómpre destacar a Escola Normal de Santiago, a Escuela Normal de Palencia, a Escola Normal de Pontevedra, onde desempeñou o cargo de secretario (1894-1897) e de director interino (1897-1899), a Escola Normal de Ourense, onde foi director (1899-1901), e o Instituto de Pontevedra. Dirixiu a revista da Asociación de Maestros de Pontevedra, Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar (1894), e presidiu a Asociación Pedagógica de Pontevedra e a Asociación Provincial de el Magisterio de Primera Enseñanza de Ourense. É autor de Elementos de Geografía: para uso de los aspirantes a la carrera de magisterio de la enseñanza (1898), Estados nuevos y estados modificados de Europa, después de la Gran Guerra e Atlas de ejercicios gráficos de Geografía de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Estudiou nas universidades de Columbia e Wisconsin. Traballou no Banco Interamericano de Desarrollo nos anos sesenta e foi alcalde de Quito (1970-1978). Presidiu o Banco Ecuatoriano Nacional de la Vivienda y Junta Nacional de la Vivienda. En 1992 accedeu á presidencia de Ecuador á fronte da Unión Republicana (UR). Emprendeu un programa económico neoliberal e austero, afrontou un conflito armado con Perú no Alto Amazonas e viuse afectado polo escándalo da apropiación de fondos do vicepresidente Alberto Dahik. Participou no IX Cumio do Grupo de Río (4 e 5 de setembro de 1995), onde os presidentes do hemisferio definiron o establecemento dunha área de libre comercio común para o 2005. En 1998 foi elixido deputado nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e industrial. Foi alcalde da Pobra do Caramiñal por Unión de Centro Democrático (1972-1977, 1979-1983) e por Coalición Progresista Galega (1983-1990). Ocupou tamén os cargos de deputado provincial pola Coruña, pola UCD (1979-1983) e por CPG (1983-1987); e de deputado do Parlamento galego, polo Partido Popular, na terceira lexislatura (1989-1993), na que formou parte, entre outras comisións, das de Obras Públicas, Sanidade, Política Social e Emprego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Avogado da Real Audiencia e xuíz de Tui (1805). Representante do liberalismo moderado, en 1810 foi rexedor e deputado por Tui.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Co grupo de Teatro Minerva participou en espectáculos a partir de obras de Eugène Ionesco, Jean-Baptiste Poquelin Molière ou Federico García Lorca. Participou tamén co grupo Teatro Galileo en diferentes espectáculos, como O xardín dos contos (1993); Trasnos (1995), baseado en textos de Rafael Dieste; Nenerías (1996); ou Descubrir a lectura (1994). Para televisión destacou o seu papel protagonista en A familia Pita e Galicia Exprés. No terreo do cine participou nas longametraxes Nena (1998), de Xavier Bermúdez; Sei quén es (2000), de Patricia Ferreira; ou O lapis do carpinteiro (2001), de Antón Reixa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto e político. Foi catedrático de Dereito Romano e de Dereito Mercantil na Universitat de Barcelona. Como vogal da Comisión Xeral de Codificación redactou a Memoria acerca de las instituciones del derecho civil de Cataluña (1883), alegato básico do ordenamento legal catalán. Foi deputado provincial (1856-1862), deputado a cortes, senador electivo e vitalicio. En 1899, no goberno presidido por Silvela, rexentou a carteira de Gracia e Xustiza. Entre as súas obras destacan Consideraciones sobre la historia de la ciencia del derecho (1863) e La escuela jurídica catalana (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Durancamps, foi discípulo de Joaquín Mir. Viaxou a Italia (1923) e instalouse en París (1926-1938), onde coñeceu a Picasso e Utrillo. A súa pintura evolucionou dende o impresionismo ao realismo. Cun debuxo sólido, as súas obras destacan polos contrastes de luces e sombras. Cultivou o bodegón, onde se achegou ao hiperrealismo, as paisaxes ao óleo e o tema taurino. Participou en diversas exposicións, entre outros lugares, en Barcelona, Madrid, Londres, Philadelphia e Bos Aires. A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Galería Pitti de Florencia e na Colección Caixanova. En 1920 gañou a Medalla de Honra no concurso de Marsiera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Durante a Guerra Civil española organizou os servicios de transfusión de sangue do exército republicano e foi o pioneiro en levar á práctica os coñecementos científicos da época sobre a extracción, a tipificación, a conservación e o transporte do sangue. Durante a Segunda Guerra Mundial asesorou os servicios de transfusión de sangue do bando aliado. Investigou a orixe dos eritrocitos e do epitelio da mucosa gástrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Profesor na Universitat de Lleida, traballou como avogado laboralista. Ingresou na Unió Democràtica de Catalunya (UDC) en 1974 e presidiu o Comité de Goberno entre 1982 e 1984, e a partir de 1987. Deputado de Convergéncia i Unió (CiU) no Congreso en diversas lexislaturas (1982, 1986 e 1989), foi tamén deputado no Parlamento Europeo (1986-1987), vicepresidente da Internacional Demócrata Cristiana (1993-1998), e dende 1992, deputado no Parlamento de Catalunya. Foi conselleiro de Governació i Relacions Institucionals (1999-2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Discípulo de Francesc Galí, formouse na Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona (1926). Construíu, xunto con Pelai Martínez, o Palau de les Arts Gráfiques da Exposición Internacional de Barcelona (1929) e fixo o vestíbulo da Estació de França. En 1933 asociouse ao Grup d’Arquitectes e Técnics Catalans per al Progrés de l’Arquitectura Contemporània (GATCPAC). Realizou, entre outras obras, a casa Espona (1934-1935) e a casa Cardenal (1935-1940), rematou a igrexa de Montserrat en Barcelona e restaurou a sala capitular do mosteiro de Sant Joan de les Abadesses (1948-1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, arquivista e arqueólogo. Licenciouse en Letras en Barcelona e doutorouse en Dereito en Madrid. Colaborador na constitución do servizo de investigacións arqueolóxicas do Institut d’Estudis Catalans dende 1912, traballou en Cervera, onde iniciou o museo comarcal (1914) e organizou o arquivo. En 1917 incorporouse ao arquivo municipal de Barcelona dende o que impulsou as escavacións arqueolóxicas na parte antiga da cidade e o Arxiu Històric de la Ciutat. Foi o primeiro director do Centre d’Estudis d’Etnografia Peninsular. Entre as súas obras destacan Llibre de Cervera (Libro de Cervera, 1972), Barcelona i la seva història (Barcelona e a súa historia, 1972-1975), Pels camins de la història (Polos camiños da arte, 1973) e o volume Escultura gótica da colección Ars Hispaniae: Historia del Arte Hispánico, realizado con J. Ainaud (1956). Presidiu a Acadèmia de Bones Letres (1961-1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico. Foi un dos creadores da Escola de Barcelona. Dirixiu Cada vez que... (1967) e Liberxina 90 (1970), pero os problemas coa censura fixéronlle abandonar a realización e entón exerceu tarefas de produción. Foi fundador do Instituto de Cine Catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Entre 1906 e 1909 fundou o boletín València Nova e os semanarios O Crit de la Pàtria e Renaiximent; promoveu e dirixiu o Diario de Sabadell (1910). En Barcelona dirixiu La Publicidad e en València fundou a revista La República de les Lletres (1934). A súa poesía recompilouse en Himnes i poemes (Himnos e poemas, 1916), Cançons valencianes (Cancións valencianas, 1929) e Guerra, vitòria, demà (Guerra, vitoria, mañá, 1938).
VER O DETALLE DO TERMO