"EPA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 210.

  • PERSOEIRO

    Nome do segundo soberano da I dinastía de Ur, que significa ‘Pai elixido por An’. Fillo de Mesannepadda (‘Heroe elixido por An’), fundador da dinastía contra o 2560 a C, sucédeo á súa morte acaecida contra o 2525. Sábese que mandou construír o templo de Ninhursag en Al-’Ubaid, salientable pola súa decoración. Durante o seu reinado, pouco despois do 2500, subiu Ur-Nanse ou Urninna ao trono de Lagash. Aínda que tivo un pacífico reinado, foi coñecido polo alcume Guerreiro de Nanshe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ornamentación superposta a xambas e arquitrabes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio situado entre o corredor e un palco do teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moble con pezas articuladas que serve de separación nun cuarto.

    2. Tabique, xeralmente de madeira, empregado para facer as divisións nun navío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Na familia, aquel que viviu nun tempo anterior ao momento tomado como referencia.

    2. Nunha evolución, etapa primixenia ou primeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sen sépalos, é dicir, carente de cáliz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente nacionalista ucraíno. Foi cofundador, en 1929, da Organización de Nacionalistas Ucraínos (OUN), nos territorios ucraínos unidos a Polonia en 1919, da que se converteu en presidente. En 1936 o goberno polaco condenouno a prisión perpetua. Ao caer Polonia en 1939, puido fuxir e reorganizar as actividades do OUN e en 1941 converteuse en presidente xeral. Decidiu estender as actividades da organización polos territorios ucraínos da Unión Soviética, onde o 30 de xuño se proclamou o restablecemento da independencia. Detido pola Gestapo, negouse a colaborar cos nazis, fuxiu cara aos territorios aliados e dirixiu dende alí o Exército Ucraíno de Resistencia (UPA). Morreu asasinado polo axente da KGB Bohdan Stacinskuj.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Siberia Occidental, Rusia, limitada ao L e ao O polos vales do Ob’ e do Irtyš respectivamente, ao S pola estepa de Kulundina e ao N pola rexión de Vas’uganje. Chaira de 117.000 km2, está cuberta na súa maior parte pola vexetación propia da estepa, e conta con numerosos lagos, entre os que destaca o Chani, con 3.612 km2 de superficie. Os seus principais núcleos urbanos son Barabinsk e Tatarsk. A poboación autóctona é de orixe tártara. Dende o tempo dos tsares, e tamén no dos soviets, foi un dos lugares aos que se enviaban os disidentes políticos e os delincuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Cultivou a pintura de tema campesiño, a medio camiño entre o Naturalismo e o Impresionismo (Os segadores, 1877, Les Foins, 1878). Realizou tamén numerosos retratos (Sarah Bernhardt, 1879). Influíu na pintura inglesa e francesa do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de resolución da ecuación de Schrödinger dunha molécula, que permite obter dunha maneira aproximada os niveis de enerxía desta. Consiste en considerar, nun primeiro paso, unicamente o movemento dos electróns ao redor dos núcleos e, nun segundo paso, o movemento dos núcleos. A enerxía da molécula é daquela a suma da enerxía electrónica e da enerxía de vibración-rotación dos núcleos. Denomínase tamén aproximación ou separación adiabática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pel que recobre algúns froitos como a pataca ou a pera.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Talo da planta da vide da que nacen os bacelos. Na tradición oral recóllense ditos como: “A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro”.

      2. Planta da vide.

    1. Parte do talo das plantas, especialmente das especies leñosas, que queda unida á raíz despois de cortala.

    2. Cada un dos postes ou piares que terman da cámara do hórreo.

    3. Pedra redonda do muíño que vai fixa ao chan e colocada debaixo da moa.

      1. Machón sobre o que descansan dous arcos.

      2. Parte do machón que sae da terra ata a imposta localizado nos arcos e nas pontes.

    4. Conxunto de individuos que presentan un xenotipo cun ou máis caracteres fixos que os diferencian dos outros individuos da variedade ou poboación á que pertencen.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das columnas de pedra ou madeira nas que se asenta o hórreo.

    2. Golpe dado coa punta das dedas dos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha que acada os 25 mm de diámetro, de cor amarela, rosada, laranxa ou violácea, e que presenta ata cinco bandas espirais negras. A especie C. nemoralis vive en bosques, xardíns e áreas pedregosas de toda a Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión Económica para América Latina y el Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortar as pólas dunha árbore a rentes do tronco para que medre con máis forza.

    2. Cortarlle un membro a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político ruso. Logo de afiliarse ao PCUS en 1961, foi administrador industrial da cidade de Orsk (1967-1973) e director da planta de gas natural en Orenburg (1973-1978). En 1978 ingresou na sección de industria pesada do Comité Central do PCUS, e en 1985 foi nomeado ministro da Industria do Gas nun goberno de Gorbačov. En 1989 transformou o ministerio na corporación estatal Gazprom, que dirixiu durante o proceso de disolución da URSS e a creación da Federación Rusa (1991). En xuño de 1992 foi nomeado ministro de Gasóleo e Enerxía nun goberno presidido por Yegor T. Gaidar e, en decembro de 1992, Boris Yeltsin promoveuno a primeiro ministro de Rusia. O seu goberno favoreceu a privatización das empresas estatais da época soviética e aprobou numerosas reformas económicas tendentes a instaurar o libre mercado. Malia a forte oposición que tivo en numerosos sectores da Duma, Boris Yeltsin confirmouno no seu cargo tralas eleccións presidenciais de 1996. Como consecuencia do confito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protuberancia ósea anormal na columna vertebral ou no esterno, debido á carie, á deformidade ou á derivación de calquera das anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO