"ETSI" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

    1. Relativo ou pertencente aos betsileos.

    2. Individuo dun pobo betsileo do grupo malgache.

    3. Pobo do grupo malgache instalado no centro de Madagascar. A base económica tradicional do millón de individuos que integran o grupo é a agricultura, fundamentalmente de arroz, que cultivan mediante un sistema de regadío por canles. Así mesmo, destacan como artesáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos betsimarakas.

    2. Individuo dun pobo betsimisaraka do grupo malgache.

    3. Pobo do grupo malgache que habita a costa L de Madagascar. Os betsimarakas (ó redor de 1.400.000 individuos) divídense en dúas tribos denominadas betsimisaraka-antavaratra e betsimisaraka-antatsimo, que habitan respectivamente no N e no S. Practican unha agricultura de subsistencia, xunto coa pesca e maila gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación vangardista de pintores, escultores, arquitectos, fotógrafos, directores de cine, deseñadores e escritores fundada en Praga en 1920 e activa ata 1931. O seu nome é un composto dos termos checos devět ‘nove’ e sil ‘forzas’. Inicialmente, acolleu tamén os construtivistas, pero desenvolveu unha liña próxima ao poetismo. O líder do grupo, Karel Teige, promoveu a reconciliación entre o utilitarismo e a subxectividade lírica na corrente que se chamaría “Construtivismo e Poetismo”. Arquitectos como Jaromír Krejcar e Karel Honzík, investigaron a xeometría da arquitectura cun elemento de poesía, mentres que pintores e fotógrafos como Toyen ou Jindrich Styrsky, seguiron a liña surrealista. A comezos dos anos trinta, cando o grupo se disolveu, moitos dos seus membros, incluído Teige, se adheriron ao grupo surrealista checo. Publicaron dous manifestos poetistas (1923 e 1928) e editaron as revistas Dick, Pasmo e Red.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instituto Europeo de Estándares en Telecomunicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO