"Echium" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas, da familia das boraxináceas, cubertas de pelos ásperos e ríxidos, que ten follas superiores sen pecíolo e dispostas de xeito helicoidal, e flores zigomorfas, cos pétalos soldados formando un tubo con forma de funil e sen escamas internas, con cinco estames e co ovario súpero profundamente dividido. En Galicia están presentes: E. candicans, naturalizada no noroeste; E. lusitanicum, na metade S do país; E. plantagineum, común en toda Galicia; e E. rosulatum e E. vulgare, en lugares secos e areosos. Reciben a denominación vulgar de chuchameles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lianas da familia das cucurbitáceas, monoicas, híspidas e de follas cordiformes lobadas, de flores pentámeras, pequenas e abrancazadas, e de froitos en pepónide, grosos e comestibles. É un xénero propio de América tropical.