"Eduvixe" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome feminino de orixe xermánica, posiblemente adaptación do alemán Hedwig, procedente de Hathuwic, composto do alto alemán*hathus wig ‘guerra’. Presenta a variante gráfica Heduvixe. Destacan dúas santas con este nome: santa Eduvixe de Silesia (1174-1243) e a raíña santa Eduvixe de Polonia (1373-1399). A súa festividade celébrase o 16 de outubro.
-
PERSOEIRO
Raíña de Polonia (1384-1399), filla de Luís de Hungría. Foi entronizada pola nobreza polaca e polos representantes das cidades, quen decidiron casala con Jagellon, soberano do Gran Ducado de Lituania, mediante o Tratado de Krewa (1385). Ao ano seguinte e despois do seu bautismo, Jagellon adoptou o nome de Ladislau e a nobreza polaca elixiuno rei de Polonia. Deste xeito uníronse Polonia e Lituania fronte á ameaza da Orde Teutónica. Foi canonizada no 1997 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla do duque de Carintia e esposa do duque Enrique I o Barbudo de Silesia e Polonia. Xunto con seu marido fundou varios conventos de monxas e a abadía cisterciense de Trebnitz, preto de Breslau, no que entrou como relixiosa ao quedar viúva (1238). Na iconografía viste, ou ben ricas roupas e coroa ducal na cabeza, ou ben hábito cisterciense ou toucas negras de viúva; como atributos persoais leva unha zapatilla na man, unha maqueta de igrexa ou mosteiro ou unha imaxe da Virxe. Foi canonizada en 1267 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo feminino Eduvixe.