"Eger" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
CAPITAIS
Capital do meyge de Heves, Hungría (62.000 h [1990]). Sitúase ao pé do monte Mátra e do macizo de Bükk, no centro dunha rexión hortícola e de vides. Posúe unha estación termal con balneario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como asesor fiscal dos colexios profesionais de médicos, arquitectos e enxeñeiros técnicos de Vigo e ocupou a presidencia do consello de administración do centro médico Povisa (1977-1982). Presidente do Partido Demócrata Popular e máis tarde do Partido Liberal, foi elixido deputado do Parlamento galego polo Partido Popular entre 1985-1996, etapa na que foi voceiro da comisión de Asuntos Económicos e Orzamentarios e presidiu as comisións do Estatuto do Deputado e de Relacións do Parlamento co Consello de Contas. En xullo de 1996 foi nomeado delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo. Entre outros cargos, foi presidente do consello de administración da sociedade de capital-risco Vigoactivo SA e membro do consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre inglés, duque de Bridgwater. Promoveu a construción das canles de Worsley a Manchester e de Manchester a Liverpool.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Emigrou a Alemaña en 1944, onde traballou para o exército alemán. Posteriormente, estudiou artes gráficas e tipografía na Academia de Artes Plásticas de Stuttgart. En 1960 trasladouse a Italia, onde desenvolveu o seu labor como fotógrafo profesional para as revistas Life, Realités, Queen, Town e Twen. Destacan, sobre todo, as imaxes obtidas en Inglaterra, Xapón, México e a India. Ademais da fotografía de viaxes, especializouse na obtención de imaxes deportivas dos xogos olímpicos de Sapporo, Innsbruck, Múnic e Saint-Moritz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Estudiou Física na universidade de Berkeley onde se doutorou en 1961. Exerceu de profesor nas universidades de Santa Barbara, onde foi director do Instituto de Polímeros, e de Utah. En 1976 colaborou cos químicos A. Mcmiarmid e o xaponés H. Shirakawa nas investigacións con polímeros, descubrindo os polímeros condutores. Observaron que ao mesturalos con iodo se obtiña un polímero metálico, ríxido e cunha condutividade eléctrica similar á dos metais condutores. Este descubrimento ten importantes aplicacións na tecnoloxía da información, pois é o fundamento de compoñentes electrónicos formados por moléculas individuais. Recibiron o Premio Nobel de Química en 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Amigo de Picasso e de G. Braque, participou nas manifestacións cubistas. Representou personaxes e elementos mecánicos, mediante formas curvas e tubulares de cores inicialmente frías e posteriormente cálidas, entre os que sobresae a serie Contrastes de formes (1913). Durante a Segunda Guerra Mundial realizou cadros de acróbatas e ciclistas. Interesouse tamén polo cine, Ballet mécanique (1923-1924), a cerámica e o gravado. Ten un museo monográfico en Le Biot (Alta Savoia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Predicador e escritor agostiño alemán. Coñecido como Abraham a Sancta Clara, foi o autor de numerosas obras esexéticas e morais, ademais de coleccións de sermóns. Da súa produción destacan Lösch Wien (1680) e Judas der Ertzschelm (1685-1695).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Malaisia situado sobre o estreito de Malacca (6.644 km2; 859.924 h [2000]). A súa capital é Seremban. Produce arroz e caucho, e ten fundicións de estaño.
-
PERSOEIRO
Cantante e escritor. Coñecido como Raimon, deuse a coñecer como cantautor en 1962 coa canción “Al vent”. En 1963 gañou o Festival de la Cançó Mediterrània de Barcelona con “Se’n va anar”. Parte fundamental do movemento da Nova Cançó, musicou e interpretou poemas alleos, de escritores modernos e clásicos. Da súa discografía destacan Cançons de la roda del temps (1966), Diguem no (1971), Entre la nota i el so (1984), Integral (1993), Cançons de mai (1997) e Le cançons d’amor (1999). Como escritor publicou obras como Poemes i cançons (1974) ou Les paraules del meu cant (1993). Recibiu o Premio Nacional de Música (1993), a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (1995) e a medalla de ouro da Generalitat de Catalunya (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diácono. Mártir na persecución de Diocleciano, era orixinario de Iliria. O Papa Zacarías doou as súas reliquias á abadía beneditina de Tegernsee, en Baviera. Na súa iconografía leva unha moa de muíño. A súa festa celébrase o 25 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. De nome Hermann Dannenberger, pertenceu á xeración máis traumatizada pola Primeira Guerra Mundial, á que dedicou a súa obra máis ambiciosa, Union der Festen Hand (Unión da man firme, 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político checo. Foi membro do goberno do conde de Thun e foi partidario dunha federación con Austria. Deputado (1861-1863), asistiu ao congreso paneslavo de Moscova.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Xeografía e Historia e catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos sobre a Galicia agraria na Idade Moderna. Membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, das súas obras destacan Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón (1979), Economía, política y sociedad en Galicia. La provincia de Mondoñedo: 1480-1830 (1985), A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 (1992), A facenda real na Galicia do Antigo Réxime: as rendas provinciais (1993), Das casas de morada ao monte comunal (1996), Señoríos y comunidades campesinas: aportaciones a la historia rural de la España moderna (2003) e, con H. Sobrado, El siglo de las luces: cultura y vida cotidiana (2004). Recibiu o Premio Nacional de la Crítica (1993 e 1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e diplomático francés. Coñecido como Saint-John Perse, serviu en diferentes postos políticos (1914-1940), ata que decidiu exiliarse en EE UU (1940-1957). A súa obra poética recibiu a admiración de moitos autores pola súa precisión e pureza, nun marco de certa dificultade. É autor de Eloges (1911), Anabase (1924), Exil (1942), Pluies (1944), Neiges (1944), Vents (1946), Amers (1957) e Chronique (1960). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Contribuíu ao renacemento da música folk estadounidense con cancións, como “Where Have All the Flowers Gone”, e temas da banda sonora de diversos filmes, como Forrest Gump (1994) e In America (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro rei sasánida de Persia (632-651), neto de Cosroes II. Acadou o trono de neno e inmediatamente se iniciou a invasión árabe. O seus exércitos foron derrotados en Nehavend (642) e foi asasinado en Merv (actual Mary, Turkmenistán).
VER O DETALLE DO TERMO