"Egin" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Trátase dun dos pais do xénero western e un dos máis prolíficos, que contou coa colaboración de Joe August e W. S. Hart nos aspectos filmográfico e dramático, respectivamente. Entre as súas numerosísimas películas pódense sinalar On the night stage (A plataforma na noite, 1914), Between men (Entre homes, 1915), The iced bullet (A bala xeada, 1917), The branding iron (O ferro que marca, 1918), The bonds of love (Os vencellos do amor, 1919), Broken barriers (Barreiras rotas, 1924), When the door opened (Cando a porta se abriu, 1925), The rainbow (O arco da vella, 1929) e Forbidden Heaven (Ceo prohibido, 1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, licenciado en Dereito pola Universidade de Varsovia. Foi o xefe do movemento sionista Betar de Polonia (1939) e durante a Segunda Guerra Mundial foi confinado nun campo de concentración en Siberia (1940-1941). No ano 1942 emigrou a Palestina, onde encabezou un grupo independentista armado. Trala creación do estado de Israel, fundou o partido Herut, ao que representou no Parlamento dende 1949. Foi ministro sen carteira de 1967 a 1970 e presidente adxunto da coalición do Likud de 1973 a 1984. Durante o seu mandato, foi primeiro ministro de 1977 a 1983, desenvolveu unha política de dureza contra os palestinos que o levou a anexionar os Altos do Golán (1981) e a invadir o Líbano (1982). No 1978 compartiu o Premio Nobel da Paz con Anwar al-Sadat, con quen asinara o Acordo de Camp David (1979), que puxo fin ao conflito con Exipto. Dimitiu do seu cargo e retirouse da política no 1983.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor inglés. Traballou como arquitecto para despois dedicarse á escultura. A súa obra caracterízase, nunha primeira época, polo aspecto lineal e o tratamento dos volumes e das estruturas de ferro. En 1953 gañou o concurso internacional do Monumento ao prisioneiro político descoñecido, deseño construído en Berlín Occidental no 1960. En 1962 publicou as conferencias, que pronunciara o ano anterior perante os alumnos da Slade School, tituladas Desenvolvemento creativo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Región de Murcia, drenado polos ríos Argos e Quipar (14.085 h [1996]). É un centro agrícola que posúe plantacións de hortalizas, froitas e azafrán. As principais industrias son as derivadas, principalmente de conservas vexetais e de produtos da horta. No termo hai xacementos de xeso e mármore vermello. Entre os seus monumentos destaca a igrexa parroquial de Santa María, de estilo gótico, obra de Juan de Herrera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peter Southouse-Cheyney.
-
PERSOEIRO
Soprano francesa. Considerada como unha especialista en Wagner, debutou en 1950 na Opéra de París. Posteriormente actuou, entre outros escenarios, no Covent Garden de Londres (1960) e na Metropolitan Opera House de Nova York (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo canadense. Calculou o descenso do nivel do mar durante as glaciacións do Cuaternario.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario fundado en Hernani en 1977. Achegado á postura política de Herri Batasuna (HB), defendeu as accións terroristas de ETA. Estaba redactado en castelán e contaba con algunhas colaboracións en éuscaro. O 15 de xullo de 1998 cesou a súa edición trala clausura da redacción do xornal por parte do xuíz Baltasar Garzón; aos poucos días saíu á rúa co nome de Euskadi Información e, posteriormente, foi substituído con carácter definitivo polo diario Gara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista e arquitecto. Educado no mosteiro de Fulda, foi conselleiro de Carlomagno e do seu fillo Ludovico Pío. Ocupouse da dirección das construcións do palacio de Aquisgrán. Fundou o mosteiro de Mülheim de Main. Escribiu Vita Karoli Magni (Vida de Carlomagno), a imitación das Vidas dos Césares de Suetonio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e político, conde de Ofalia e marqués de Heredia. En 1832 foi nomeado ministro de Fomento. A finais de 1837 encabezou un goberno moderado que caeu ao ano seguinte. Foi senador pola provincia de Lugo nas lexislaturas 1837-1838 e 1840-1841.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora francesa. Conservadora de museos e arquivos nacionais, centrouse no estudo da historia da Idade Media francesa. Da súa bibliografía destacan Lumière du Moyen Âge (1944), Vie et mort de jeanne d’Arc. Les témoignages du procès de réhabilitation, 1450-1456 (1953), Les Croisés (1959), Histoire de la Bourgeoisie en France (1960-1962), La femme au temps des cathédrales (1980), Les saints au Moyen Age (1984) e Hildegarde de Bingen. Conscience inspirée du XIIe siècle (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e humanista inglés. En contacto con Erasmo, debido á controversia polo matrimonio de Enrique VIII de Inglaterra exiliouse a Italia, onde foi nomeado cardeal (1536). Tamén foi legado pontificio para Inglaterra (1554) e arcebispo de Canterbury (1556). Escribiu In Defense of Ecclesiastical Unity (1536) e outras obras de controversia e humanistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Considerado o fundador da antropoloxía social británica, estableceu un concepto de función con sentido sociolóxico a diferenza do funcionalismo biolóxico de B. Malinowski. Estudou o totemismo e as relacións de parentesco nas sociedades primitivas, converténdose nun dos precursores do estruturalismo. A súa influencia foi notable como portavoz do rigorismo de É. Durkheim. Escribiu The Andaman Islanders (1922), The Social Organization of Australian Tribes (1930) e Struture and Function in Primitive Society (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Saskatchewan, Canadá (178.225 h [2001]). Está situada á beira do río Wascana, ao O da cidade de Winnipeg. A súa economía baséase nas industrias financeiras, lácteas, químicas e de materiais de construción. Posúe refinarías de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. De nome Regina Lang, estudou pintura en Stuttgart, Berlín e París, aínda que logo se decantou pola fotografía, influída pola súa irmá. Das súas viaxes polo S de Europa (1934-1939) saíron numerosas series fotográficas pero, de volta a Alemaña, dedicouse á fotografía de moda. Traballou para Vogue (1938), Die Dame (1940-1942) e Madame (1956). Instalada en Múnic (1948), publicou Dreißig Jahre Made Paris (1982), Dreißig Jahre Made Italien (1983) e Faszination Hüte (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guitarrista e compositor. Formouse no Conservatorio de Madrid. Estreou mundialmente o Concierto de Aranjuez, de J. Rodrigo. Ademais compuxo Boceto andaluz, Alegrías, Meditación, Estudios e Canciones y danzas castellanas, entre outras pezas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antífona do breviario, que comeza con estas palabras, que se canta despois das completas na honra da Virxe e que chegou a ser unha das pregarias máis populares do catolicismo. Documentada xa no s XI, está posiblemente relacionada coa peregrinaxe a Lo Puèg (Velai). Introducida en Cluny (1135), Pío V incluíuna no breviario romano (1565). Alternando coa melodía gregoriana, introducíronse versículos en polifonía, forma que persiste aínda nalgúns lugares.