"El Paso" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico do Plio-plistoceno (2,0 M a) sobre un nivel palustre situado no concello de Orce (Andalucía). Nesta localidade atopáronse numerosos manuportes, xunto cunha lasca de sílex, asociados a un elefante e outra macrofauna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Texas, EE UU, na marxe esquerda do río Bravo (615.032 h [1998]). É un importante centro de transporte aéreo, terrestre e ferroviario. Tamén é o principal núcleo industrial e comercial dunha rexión mineira e agrícola, na que se cultivan algodón e produtos de horta. Na industria predominan o refinado de petróleo, o equipamento electrónico, os materiais de construción e os plásticos. O seu crecemento demográfico débese á súa situación nunha ruta transcontinental e ao turismo (recibe máis dun millón de visitantes ao ano, atraídos polo seu clima temperado e seco).

    VER O DETALLE DO TERMO