"Eleuterio" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • santo (Nicopolis, Epiro? - Roma 189) Papa (175-189). Enviou a Fugacio e Damián a converter os bretóns. Suprimiu algúns costumes que os cristiáns tomaran dos hebreos sobre a pureza e impureza dos alimentos. Enfrontouse ao montanismo. Venérase o 26 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mestre. Membro da sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos desde 1926, participou na escavación de varios castros, xunto con Vicente Risco, Arturo Suárez e López Cuevillas. Militou nas Irmandades da Fala e no Partido Nacionalista Republicano Galego e estivo na mesa presidencial da asemblea constitutiva do Partido Galeguista. Foi concelleiro (1931) en Ourense e deputado provincial durante a Segunda República. Como deputado provincial foi membro activo do Comité pro-ferrocarril Zamora-A Coruña e cofundador (1933) da Caixa de Aforros de Ourense. Presidiu a Cruz Vermella (1935) e participou na creación da Editorial Galaxia e na fundación do Partido Socialista Galego (PSG).

    VER O DETALLE DO TERMO