"Ellesmere" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
ILLAS
Illa do Océano Ártico, a maior do arquipélago Queen Elizabeth, Canadá (212.687 km2). É a illa máis setentrional do continente americano, separada de Groenlandia polos estreitos de Smith e Kennedy. A poboación é moi escasa e só existen pequenas comunidades illadas. EE UU e Canadá manteñen na illa unha estación meteorolóxica e radiofónica. É un altiplano levantado no centro e ao NO, coas costas accidentadas polos fiordos. William Baffin descubriuna en 1616 e Robert Edwin Peary explorouna en 1899.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Cheshire, Inglaterra, Reino Unido (63.134 h [1981]). Está situada na beira esquerda do río Mersey, onde se unen os canais navegables de Ellesmere e Manchester, preto de Liverpool. Nos últimos anos produciuse un cambio importante na súa economía debido a un rápido crecemento industrial.
VER O DETALLE DO TERMO