"Enrique VII" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (1312-1313), conde de Luxemburgo (1288-1313), rei de Alemaña (1308-1313) e de Italia (1309-1313). Sucesor de Alberte I, restableceu a orde en Alemaña e realizou concesións aos cantóns suízos. As súas pretensións expansionistas enfrontárono co Rei Roberto I de Nápoles, polo que organizou a invasión de Italia, con escasos resultados. Morreu no decurso dunha expedición contra Roberto I de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei titular de Alemaña (1220-1235), de Romanos (1220) e de Sicilia (1212), e duque de Suabia (1216), fillo do Emperador Federico II e de Costanza de Aragón. Gobernou o país en representación do seu pai baixo a tutela do arcebispo de Colonia e adquiriu plenos poderes en 1228. Enfrontouse aos nobres co apoio da burguesía urbana e rebelouse contra o seu pai (1234). Apresado no 1235, foi deposto e desterrado a Apulia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra (1485-1509), primeiro da dinastía Tudor. Exiliado durante a súa mocidade en Francia, accedeu ao trono inglés trala vitoria na Batalla de Bosworth Field (1485), na que venceu a Ricardo III e puxo fin á Guerra das Dúas Rosas. Para afianzar a paz, casou con Isabel de York. Durante o seu reinado enfrontouse ás revoltas de Lambert Simnel (1487) e Perkin Warbeck (1491-1499), e buscou a unión coa monarquía escocesa por medio do matrimonio da súa filla Margarida con Xaime IV de Escocia. Creou o Committee of the Privy Council e o Court of the Star Chamber, instaurou a lexislación inglesa en Irlanda (1494) e realizou unha reforma fiscal que permitiu un maior desenvolvemento do comercio da la con Flandres. En política exterior buscou o achegamento á coroa española por medio do casamento do seu fillo Enrique con Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos, e asinou un tratado con Carlos VIII de Francia (1492).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra (1509-1547), señor e rei de Irlanda desde 1541, fillo de Enrique VII. O seu pai concertou o seu matrimonio con Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos e viúva do seu irmán Arturo. Durante as dúas primeiras décadas do seu reinado, aconsellado por Thomas Wolsey, favoreceu inicialmente a política do Emperador Carlos V contra Francia, pero despois da Batalla de Pavia (1525) aliouse con Francisco I de Francia. Escribiu Assertio septem sacramentorum adversus Martinum Lutherum, no que denunciou as ideas de Martín Lutero, e recibiu do papa o título de defensor da fe. A falta dun herdeiro home levouno en 1527 a solicitarlle a anulación do seu matrimonio con Catarina de Aragón ao Papa Clemente VII quen, baixo a presión de Carlos I, se negou a concederlle o divorcio. En 1531, aconsellado por Thomas Cromwell, proclamouse xefe supremo da Igrexa de Inglaterra. Este feito provocou a súa excomuñón da Igrexa romana (1533) e permitiulle o seu matrimonio con Ana Bolena. En...
VER O DETALLE DO TERMO