"Epona" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Divindade gala da abundancia agrícola que, tras ser incluída no panteón romano, se converteu na deusa dos cabalos e dos transportes. Tivo un carácter funerario e acostuma representarse como unha matrona a cabalo, rodeada de dous ou máis cabalos, ou sobre unha egua que aleita dous ou máis équidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, á beira do Mar Mediterráneo, no sector denominado Costa del Sol (37.557 h [1996]). Importante núcleo comercial, nos últimos anos converteuse nun destacado centro turístico. Tamén ten certa actividade industrial, principalmente nos sectores químico, conserveiro e alimentario. De orixe incerta, estivo ocupada polos árabes ata 1456, data en que foi conquistada por Enrique IV de Castela. Do seu patrimonio cultural destacan as torres vixías, os restos do castelo árabe de El Nicio e a igrexa de Nuestra Señora de los Remedios (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO