"Erfurt" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CAPITAIS
Capital do land de Turinxia, Alemaña, na marxe dereita do río Unstrut (208.989 h [1991]). É un importante centro cultural e de comunicacións. A base da súa economía é a industria, principalmente a fabricación de equipos electrónicos, máquinas de oficina, equipos informáticos e produtos químicos. Fundada no 741 por san Bonifacio, foi durante a Idade Media un importante centro comercial. Entre os ss XIV e XVI pertenceu ao electorado de Saxonia, e entre 1648 e 1802 a Maguncia. Entre 1806 e 1813 estivo ocupada polos franceses e, tralo Congreso de Viena (1815), pertenceu a Prusia. Foi capital do bezirk de Erfurt na República Democrática Alemana. Do seu patrimonio cultural destacan a Mariendom, a Severikirche, o Augustinerkloste, mosteiro onde viviu M. Lutero, e o centro antigo da cidade con rúas e edificios dos ss XIV e XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Iniciou os seus estudios fotográficos con Höffert (1892-1896) e adquiriu coñecementos de pintura na Kunstakademie de Dresden. Practicou un estilo fotográfico pitórico-impresionista. Especializado nos retratos de personaxes relacionadas coa cultura, a política e a sociedade alemá da época, abriu en 1906 un estudo propio no palacio de Lüttichau. Ata 1918 realizou impresións con goma e oleografías pigmentadas. Cofundador da Gesellscjaft Deustscher Lichtbildner (GDL), a sociedade fotográfica alemá en 1919, a partir de 1933 trasladouse a Colonia. Participou na mostra colectiva Photokina en Colonia e nunha exposición individual en Nova York. Recibiu a Medalla de Prata na Exposición Internacional de Fotografía Amateur en Erfurt (1894).
VER O DETALLE DO TERMO