"Ermesinda" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe xermánica, composto de irmin ‘grande, poderoso’ e sinths ‘forte’. Xa se documentan en textos temperáns as variantes Ermosinda, Hermosinda e Hermesinda, e os hipocorísticos Sinda e Ermosa. Deste nome derivan varios topónimos como Ermosende (Galdo, concello de Viveiro). Levaron este nome, entre outras, unha abadesa (s X), irmá de san Rosendo; a Raíña Ermesinda de Asturias (s VIII), filla de Paio I; e Ermesinda de Carcassonne (ss X-XI), muller de Ramón Borrell.
-
PERSOEIRO
Raíña de Asturias, filla de Paio I e irmá do Rei Fáfila. O seu home, o Rei Afonso I o Católico (739-757), recibiu a coroa trala morte de Fáfila.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Condesa de Barcelona, muller de Ramón Borrell. Axudou o seu home na reconstrución do país tralas campañas de Almanzor e acompañouno nalgunhas expedicións militares. Ao quedar viúva (1017), gobernou como titora durante a minoría do seu fillo Berenguer Ramón I. Trala morte do seu fillo (1035), volveu gobernar como titora do seu neto Ramón Berenguer I o Vello.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo feminino Ermesinda.