"Erva" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 153.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regra que permite lembrar o sentido do vector de indución magnética producida nun punto preto dunha corrente que circula por un condutor rectilíneo e indefinido. Explícase imaxinando un observador tal que, atravesado de pés a cabeza pola corrente, ve no punto considerado o vector B en sentido de dereita a esquerda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘orella’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘escoitar, comprender e oír’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio astronómico e ionosférico situado na costa norte de Porto Rico, a uns 13 km da cidade de Arecibo. Foi inaugurado no 1963. O principal instrumento de observación consiste nun gran radiotelescopio radar de 305 m de diámetro.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Badajoz, Extremadura, nas Vegas Bajas do Guadiana (4.028 h [1996]). Agricultura mediterránea (cereais, vide e oliveiras) e industria agropecuaria (fariñas e bebidas alcohólicas). Ten importantes minas de ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político uruguaio líder do movemento de emancipación no vicerreinado do Río da Prata. Era capitán do exército español no rexemento chamado os blandengues, co que combatiu contra rebelións indíxenas e contra o ataque de portugueses (1801) e ingleses (1806-1807). Trala invasión napoleónica de España (1808), uniuse á Xunta Revolucionaria de Bos Aires participando na insurrección pola independencia, á cabeza dos crioulos rebeldes de Oriente (1811). Derrotou aos españois na Batalla de Las Piedras (maio de 1811) e cerca Montevideo; houbo de levantalo ao chegar a un acordo polo que a Xunta de Bos Aires recoñecía aos españois a soberanía da banda oriental. Iniciou entón un éxodo (denominado “éxodo do pobo oriental”) que o levou ao río Uruguai. Abertas novamente as hostilidades (1812), volveu asediar Montevideo. O Congreso de Tres Cruces (1813) púxoo á fronte da administración da provincia e condicionou o recoñecemento da Asemblea Constituínte de Bos Aires a que esta admitira...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia mediante a que o organismo se afana por manterse vivo e rexeita aquelas esixencias que, de satisfacerse, conduciríano á destrución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro astronómico hispano-alemán situado en Almería. Creouse despois dun acordo de colaboración científica asinado polos dous países o 17 de xullo de 1972. A dirección corresponde á Comisión Nacional de Astronomía e ao Max Planch Institut de Alemaña. O seu telescopio óptico mide 3,5 m de diámetro.
-
-
Conxunto de persoas, animais ou cousas desordenadas e desorganizadas.
-
Cada un dos grupos, máis ou menos organizados, nos que se dividían os exércitos dos pobos cos que se enfrontaron os romanos. Posiblemente, tivo a súa orixe nun corpo do exército galo, coñecido con ese nome e composto por 6.000 homes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gladiador romano que loitaba formando parte dun grupo.
-
-
Relativo ou pertencente ao cervo.
-
Que é excesivo ou esaxerado.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda, construída a finais do s XVI sobre un templo anterior do que xa existían referencias documentais do s X. No ano 1594 o patrón de Cervaña, o señor Fernández-Deza, patrocinou a construción do novo templo ao que lle engadiu unha capela de planta cadrada destinada a albergar os panteóns desta liñaxe. Aínda que a igrexa carece de interese artístico, destaca a decoración plateresca da capela-funeraria así como o altar e o retablo que conserva no interior.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao concello de Cervantes ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cervantes.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Román que dá nome ao concello de Cervantes por ser onde está a capital municipal, a vila de San Román.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca dos Ancares, situado na provincia de Lugo no límite oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Navia de Suarna, ao L co de Candín (O Bierzo), aos S cos de Valcarce e Balboa (O Bierzo), Pedrafita do Cebreiro e As Nogais, e ao O cos das Nogais e Becerreá (Os Ancares). Abrangue unha superficie de 277,6 km 2 cunha poboación de 1.844 h (2007), distribuídos nas parroquias de Ambasvías, Castelo, O Castro, Cereixedo, Donís, Dorna, Lamas, O Mosteiro, Noceda, O Pando, Quindous, A Ribeira San Pedro de Cervantes, San Román de Cervantes, San Tomé de Cancelada, Vilapún, Vilaquinte, Vilarello, Vilasante, Vilaspasantes e Vilaver. A capital é a vila de San Román, na parroquia de San Román de Cervantes, situada a 42° 52’ de latitude N e 7° 32’ de lonxitude O, 161 ao L de Santiago de Compostela e 54,5 km ap SL de Lugo. Está adscrito ao partido xudicial de Becerreá e á diocese de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal... -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue as parroquias de Liber, Pando, Quintá de Cancelada, Sevane, Veiga, Vilachá, Vilaíz e Vilamane, do concello de Becerreá, e todas as do concello de Cervantes agás a de Vilaquinte.
-
-
Apelido que procede do topónimo homónimo. Pola terminación -antes o nome de lugar parece ser de orixe étnica.
-
Liñaxe procedente do lugar homónimo e que emprega tamén a forma Cervatos. Descende do cabaleiro galego Nuño Alonso, alcaide de Toledo a comezos do s XII. Estendeuse pola Península durante a Reconquista e unha das ramas pasou a México, onde se enlazou con ilustres familias. As súas armas levan, en campo de sinople, dúas cervas de ouro, postas en pao, a de arriba coa cabeza levantada e a outra coa cabeza baixa, en actitude de pacer. Algúns traen, en campo de azul, dúas cervas de ouro, postas en pao; bordo de goles, con oito aspas de ouro (ou sinople). Algunha variante emprega, en campo de goles, un cervo de prata. Outros ostentan, en campo de ouro, unha aciñeira de sinople, cunha cruz sumada á súa copa. Os de México e Nafarroa levan, en campo de sinople, dúas cervas de ouro, postas en pao, a de arriba coa cabeza levantada e a outra coa cabeza baixa, en actitude de pacer.
-
-
PERSOEIRO
Humanista e cronista. Estudiou en Salamanca e exerceu como profesor na Universidad de Osuna. Emigrou a México onde foi cronista da capital, cóengo e reitor da Universidad de México. As súas ampliacións e traducións de Fernán Pérez de Oliva, Luís Mexía e Luís Vives publicáronse en 1546 baixo o título de Obras que Francisco Cervantes Salazar ha hecho, glosado y traducido. É tamén autor da Crónica de la Nueva España (1914).
VER O DETALLE DO TERMO