"Eslovenia" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa suroriental que limita ao N con Austria, ao NL con Hungría, ao S e SL con Croacia, ao O con Italia e ao SO co Mar Adriático (20.273 km2; 1.990.154 h [2000]). Esténdese entre os 47° e 45° de latitude N e os 13° e 17° de lonxitude L. A capital é Ljubljana.
    Xeografía física
    O seu relevo é moi montañoso, con macizos e altiplanos separados por fosas tectónicas, cunha estéril meseta calcaria no sector oriental, atravesada por amplos vales. Ao NO, nos Alpes Xulianos, está o cumio máis elevado, o monte Trigla, que acada os 2.863 m de altitude. A fronteira setentrional fórmaa a cadea montañosa de Karawanken, que se estende en dirección NO-SL. A rede hidrográfica articúlase na súa maior parte a partir da conca do Danubio; destacan os ríos Drava, Sava e Mur. O seu clima é continental con veráns cálidos e temperados e invernos fríos, máis moderados na meseta. Na estreita franxa costeira o clima presenta características mediterráneas. A flora...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Conxunto de montañas do extremo sudoriental dos Alpes, que marca o paso da serra alpina á chaira danubiana. Está formado polo grupo dos Karawanken, do que se desprenden o macizo de Pohorje e os Alpes Xulianos.

    VER O DETALLE DO TERMO