"Esquerda Galega" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político que xurdiu en 1980 e que agrupou militantes da esquerda nacionalista, fundamentalmente procedentes da Unión do Pobo Galego (UPG), do Partido Obreiro Galego (POG), do Partido Galeguista (PG), do Partido Socialista Galego (PSG), do Partido dos Traballadores Galegos (PTG), do Bloque Nacionalista Galego (BNG), do Partido Comunista Galego (PCG) e do Movemento Comunista Galego. Presentouse como un partido á esquerda do PSOE, cun proxecto político non subordinado ao proxecto nacionalista. Nas eleccións autonómicas de outubro de 1981 acadou 33.439 votos, fundamentalmente nas zonas costeiras e industriais, que o converteron na quinta forza de Galicia e que lle permitiron obter un deputado na persoa de Camilo Nogueira. Nas eleccións xerais de 1982 só obtivo 22.310 votos. No mesmo ano, algúns militantes do PSG uníronse a EG, que desde ese momento se presentou ás eleccións como PSG-EG. Nas eleccións xerais de 1986 obtivo un importante aumento, ao dobrar o seu apoio electoral e acadar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que se creou en 1982 da unión dalgúns militantes do Partido Socialista Galego (PSG) e de Esquerda Galega (EG), e que se presentou ás eleccións como PSG-EG. Desde 1992, optou por confluír con sectores galeguistas de centro e independentes, procedentes tanto de Coalición Galega como do Partido Nacionalista Galego e do Partido Galeguista. En 1993 aliouse con Esquerda Unida (EU) e pasou a denominarse Unidade Galega, organización que, en 1994, se integrou no Bloque Nacionalista Galego.