"Estevo V" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Papa (885-891). Enfrontouse con Focio, ao tempo que mantivo boas relacións co emperador bizantino León VI. Trala caída do Sacro Imperio Romano e a deposición de Carlos o Gordo, tivo que coroar emperador ao poderoso duque Guido de Spoleto (891). Prohibiu a liturxia en lingua eslava e durante o seu goberno incrementou a influencia e a riqueza dos feudatarios e dalgúns bispos, ante a debilidade do poder central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría, Croacia, Eslavonia e Dalmacia (1270-1272) e duque de Estiria (1254-1260). Fillo de Bela IV, foi asociado ao trono no 1245. Recibiu do seu pai Transilvania e as provincias orientais de Hungría (1262) e ocupou diversas cidades búlgaras do Danubio (1263-1266). Morreu durante a campaña contra os serbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1276-1282), fillo de Estevo IV Uroš I o Grande. Enfrontouse aos emperadores bizantinos aliado con Hungría e o rei de Sicilia, Carlos I de Anjou. Tras abdicar no seu irmán Estevo Ur ǒ s Milutin, retirouse aos territorios que lle cedeu o rei de Hungría, o NL de Bosnia, Srem, Macva e a cidade de Belgrado. Na fin dos seus días retirouse a un mosteiro co nome de Teoktist.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (896-897). Elixido co apoio do duque Guido de Spoleto, convocou un sínodo e emprendeu un proceso contra o seu antecesor o Papa Formoso, en xaneiro de 897; ao que someteu a diversas mutilacións ademais de declarar nulos todos os seus actos, pero os sacerdotes depostos por estas medidas encabezaron a resposta popular. Feito prisioneiro en maio de 897, morreu estrangulado en outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1282-1321). Enfrontouse ao emperador bizantino aliado co seu sogro o duque de Neopatria e ocupou parte de Macedonia (1282-1285) e de Albania (1296). Mostrouse tolerante cos católicos e cos bogomilianos e favoreceu o desenvolvemento da cultura bizantina. Reiniciou a explotación das minas de ouro, prata, estaño e chumbo e desenvolveu o comercio de exportación de peles e trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (928-931). Elixido polas intrigas dos condes de Túsculo, e de Marozia, marquesa de Tuscia, favoreceu o mosteiro de San Vicente en Volturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (939-942). Elixido co apoio de Alberico II de Spoleto, gobernou sometido ás súas presións. Mediou no enfrontamento entre Luís IV e os príncipes francos que se negaban a recoñecelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1321-1331), fillo ilexítimo de Estevo VI Uroš II Milutin. Obrigado polo seu pai a retirarse a un mosteiro, primeiro en Constantinopla e despois en Dioclea, conseguiu ser elixido rei dos serbios coa axuda do clero e dunha suposta curación milagrosa (1321). Estreitou as relacións con Occidente aínda que perdeu Zaclunia, o acceso de Serbia ao mar. Derrotados os búlgaros en Velbužd (1330), converteu a Serbia na primeira potencia balcánica e cedeulle Bulgaria á súa irmá Anna (1331). Destronado pola nobreza, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO