"Estevo VI" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Papa (896-897). Elixido co apoio do duque Guido de Spoleto, convocou un sínodo e emprendeu un proceso contra o seu antecesor o Papa Formoso, en xaneiro de 897; ao que someteu a diversas mutilacións ademais de declarar nulos todos os seus actos, pero os sacerdotes depostos por estas medidas encabezaron a resposta popular. Feito prisioneiro en maio de 897, morreu estrangulado en outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1282-1321). Enfrontouse ao emperador bizantino aliado co seu sogro o duque de Neopatria e ocupou parte de Macedonia (1282-1285) e de Albania (1296). Mostrouse tolerante cos católicos e cos bogomilianos e favoreceu o desenvolvemento da cultura bizantina. Reiniciou a explotación das minas de ouro, prata, estaño e chumbo e desenvolveu o comercio de exportación de peles e trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (928-931). Elixido polas intrigas dos condes de Túsculo, e de Marozia, marquesa de Tuscia, favoreceu o mosteiro de San Vicente en Volturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (939-942). Elixido co apoio de Alberico II de Spoleto, gobernou sometido ás súas presións. Mediou no enfrontamento entre Luís IV e os príncipes francos que se negaban a recoñecelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1321-1331), fillo ilexítimo de Estevo VI Uroš II Milutin. Obrigado polo seu pai a retirarse a un mosteiro, primeiro en Constantinopla e despois en Dioclea, conseguiu ser elixido rei dos serbios coa axuda do clero e dunha suposta curación milagrosa (1321). Estreitou as relacións con Occidente aínda que perdeu Zaclunia, o acceso de Serbia ao mar. Derrotados os búlgaros en Velbužd (1330), converteu a Serbia na primeira potencia balcánica e cedeulle Bulgaria á súa irmá Anna (1331). Destronado pola nobreza, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO