"Euclides" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Escritor. En 1897 viviu a represión da rebelión dos campesiños do sertão de Baía, feito que lle inspirou a súa obra Os sertões (1909), punto de partida de toda unha escola de narradores que denunciaban a miseria dos habitantes do sertão. En Á margem da história estudiou os costumes da Amazônia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arconte ateniense. Foi un dos que restableceu a democracia e as leis antigas trala expulsión dos trinta. Adoptou oficialmente o alfabeto xonio que desde entón se utilizou en todos os documentos públicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático grego. Estudiou probablemente en Atenas e residiu en Alexandría, onde fundou unha escola matemática. Desenvolveu as súas teorías nos Elementos, en 13 volumes. Deu un tratamento lóxico á xeometría e dotouna dun corpo de axiomas e de postulados que fixeron que se considerara a única xeometría posible durante 19 séculos. Estudiou as fraccións e as proporcións e enunciou unha teoría dos números. Demostrou que a serie de números primos é indefinida e que ?-2 é un número irracional. Ideou un proceso de cálculo que se denominou algoritmo de Euclides. Escribiu tamén sobre música, astronomía e xeometría esférica, e desenvolveu os principios da óptica xeométrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
O Socrático (Sicilia 450 a C -? 380 a C) Filósofo grego. Discípulo de Sócrates e Parménides, fundou a escola de Megara e foi mestre de Platón. Intentou conciliar as doutrinas da escola de Elea e as socráticas, polo que definiu o ben como unha unidade inmóbil e permanente. Foi o primeiro en facer a distinción entre potencia e acto que posteriormente desenvolveu Aristóteles. A súa doutrina excluíu todo tipo de movemento do pensamento, o que impide afirmar ningunha das ideas do individuo xa que a idea é unha realidade e o individuo unha mera aparencia. O seu método filosófico expresouse a través da dialéctica coa que se trataba de confundir os adversarios polo que recibiu o nome de ἐ ριστικοι (disputador).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de cinco axiomas expostos por Euclides na obra Elementos, nos que fundamenta a súa xeometría. Son os seguintes: dúas cousas iguais a unha terceira son iguais entre si; se cantidades iguais se adicionan a cantidades iguais, as sumas son iguais; se cantidades iguais se restan a cantidades iguais, as diferencias son iguais; dúas figuras que coinciden son iguais entre si; e o todo é maior que calquera das súas partes.
-
ENTRADA LARGA
Espacio vectorial de dimensión finita n no que hai definida unha distancia dada pola fórmula
VER O DETALLE DO TERMO
GRAFICO
(x1,...,xn) e (y1,...,yn) son as coordenadas dos puntos x e y. Os espacios euclidianos clásicos son os On, como a recta ou o espacio. -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de cinco postulados expostos por Euclides na obra Elementos, nos que fundamenta a súa xeometría. Son os seguintes: dados dous puntos calquera, pódese trazar unha recta que os une; toda liña recta finita, pódese prolongar indefinidamente; dado un punto calquera, pódese trazar unha circunferencia con raio arbitrario e centro nese punto determinado; todos os ángulos rectos son iguais entre eles; e, finalmente, dada unha recta e un punto exterior, soamente se pode trazar por este unha recta paralela á recta dada.